Sign In

Noticias

Últimas Noticias
AECA CONVOCA O CONCURSO #eumerconacomarcadeArzua   A TRAVÉS DO FACEBOOK

AECA CONVOCA O CONCURSO #eumerconacomarcadeArzua A TRAVÉS DO FACEBOOK

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa convoca un concurso a través das redes sociais para promocionar o consumo local.

 

Esta iniciativa ten por obxectivos dinamizar o comercio asociado, promocionar o consumo na Comarca de Arzúa e dar maior visibilidade ás tendas e ás marcas locais mediante as redes sociais.

 

Entre tódolos clientes participantes no concurso repartiranse 3 vales de compra: un bono de merca por valor de 50€ , outro por valor de 30€ e un terceiro e último bono de 20€.

 

Os bonos premiados permitirán aos gadores efectuar un gasto por valor do premio en calqueira dos establecementos asociados AECA inscritos no concurso.

 

O concurso  #eumerconacomarcadeArzua terá lugar a través do facebook dende o venres 14 de maio ás 10h. ata o venres 21 de maio ás 13h., momento no cal rematará o prazo para sumar os «me gustas» cos cales o xurado popular do facebook determinará aos gañadores.

 

Para participar, deberáse realizar unha merca, en calquera comercio asociado adherido ao concurso, por un importe mínimo de 15€, e gardar o tícket.

Agora xa podes solicitar ao comerciante a pulseira da AECA !!

A continuación, hai que seguir os seguientes pasos:

  1. Facer unha foto coa pulseira na tenda e subila ao Facebook
  2. Etiquetar ao comercio onde se realizou a compra e a «Aeca Asoc Empresarios», co cancelo #eumerconacomarcadeArzua
  3. Conseguir o maior número de Me gustas na publicación.

Os gañadores serán anunciados despois das 13:00 horas do día 21 de maio !!

 

Se aínda non eres amigo do perfil da AECA » Aeca Asoc Empresarios» envía unha solicitude de amizade para poder etiquetalo e así participar no concurso #eumerconacomarcadeArzúa


* Para máis información leer bases de participación:

 

BASES CONCURSO #eumerconacomarcadeArzua :

1ª. A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa convoca o Concurso “EU MERCO NA COMARCA DE ARZÚA” que terá lugar dende o día 14 de maio ás 10h. ata o 21 de maio ás 13h. na rede social de Facebook

2ª. Os comercios asociados a AECA inscritos nesta actividade estarán identificados co cartel do concurso exposto na tenda, e tamén será publicado un listado das tendas adheridas ao concurso en facebook e na páxina web da Asociación.

3ª. Poderá participar calquera persoa maior de idade que o desexe. Os participantes deberán efectuar unha merca por importe mínimo de 15€, nalgún dos locais asociados inscritos durante o prazo establecido para concursar (Dende o venres 14 de maio ás 10:00h. Ata o venres 21 de maio ás 13:00h. , momento no cal rematará o concurso).

. O cliente deberá conservar o tícket de compra para poder reclamar o premio en caso de resultar gañador e presentalo na sede da AECA.

5ª. O cliente interesado en participar deberá solicitar a pulseira da AECA ao comerciante. Unha vez posta a pulseira deberá sacarse unha foto amosando a pulseira no interior da tenda e subila ao facebook.

6ª. Na publicación participante deberá etiquetarse a Aeca Asoc Empresarios e ao comercio onde se realizou a merca, ademáis de engadir o cancelo #eumerconacomarcadearzua para que sexa válida a participación.

7ª. Os gañadores do concurso seran aqueles que consigan o maior número de me gustas dentro da súa publicación durante o prazo establecido polas presentes bases, e só se terá en conta unha única publicación por persoa participante.

8ª. O xurado popular do Facebook será quen determine aos 3 gañadores, os cales recibirán de premio un vale de merca para canxear en calquera dos comercios participantes, por valor das seguintes cuantías según o posto de gañador:

1 vale de 50€

1 vale de 30€

1 vale de 20€

9ª. Os participantes que máis me gustas obteñan antes do día 21 ás 13h. serán os gañadores e en caso de algún empate técnico de “me gustas”, o premio será repartido equitativamente. Neste caso os representantes da AECA serán quenes determinen o valor dos premios sendo ésta unha decisión incuestionable e inapelable.

10ª. A AECA dará a coñecer o nome dos gañadores a través da súa páxina de facebook e da web da AECA a partires do día 21 de maio, puidendo facerse públicas as imaxes da entrega de premios.

11ª. Así mesmo AECA resérvase o dereito de declarar os premios desertos por falta de participación ou incumprimento das bases. A organización poderá tomar calquera decisión con respecto ás presentes bases de xurdir algunha dúbida ou cuestión.

12ª. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases depositadas en A.E.C.A.

13ª. Facebook queda completamente exonerado de toda responsabilidade por parte de cada concursante. Así mesmo, a A.E.C.A. recoñece que este concurso non está vinculado en modo algún a Faceboook.

CLÁUSULA DE PROTECCIÓN DE DATOS

Os seus datos persoais serán usados para que poida participar no concurso e poder prestarlle os nosos servicios. Ditos datos son necesarios para poder relacionarnos con vostede, o que nos permite o uso da súa información persoal dentro da legalidade. Así mesmo, tamén poden ser usados para outras actividades, como enviarlle publicidade ou promocionar as nosas actividades.

Só o persoal da nosa entidade, que esté debidamente autorizado, poderá ter coñecemento da información que lle pedimos. Así mesmo, poderan ter coñecemento da súa información aquelas entidades que necesiten ter acceso á mesma para que podamos prestarlle os nosos servicios. Igualmente, terán coñecemento da súa información aquelas entidades públicas ou privadas ás cales estemos obrigados a facilitar os seus datos persoais con motivo do cumprimento da algunha lei.

Conservaremos os seus datos persoais durante a nosa relación e mentras nos obriguen as leis. Unha vez rematados os prazos legais aplicables, procederemos a eliminalos do maneira segura.

En calqueira momento pode dirixirse a nós, para saber qué información temos sobre vostede, rectificala se fora incorrecta e eliminala unha vez finalizada a nosa relación, no caso de que sexa legalmente posible. Tamén ten dereito a solicitar o traspaso da súa información a outra entidade (portabilidade). Para solicitar algún de estos dereitos, deberá realizar unha solicitude escrita á nosa dirección, xunto cunha fotocopia do seu DNI, para poder identificalo: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA COMARCA DE ARZÚA ( A.E.C.A.), POLÍGONO INDUSTRIAL DE ARZÚA, PARCELA N.º 1, CP 15810 ARZÚA (A CORUÑA)

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA COMARCA DE ARZÚA (A.E.C.A.)

Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1. 15810 Arzúa

Tel. 981 815 049 / 636 041 693

info@aecomarcadearzua.com

www.aecomarcadearzua.com

@aeca.aeca79

Relacionados