IV EDICIÓN CONCURSO DE DISFRACES POLOS BARES DE ARZÚA
22 – 23 DE FEBREIRO EN ARZÚA
ENTROIDO 202O
O 22 e o 23 de febreiro ven vivir o entroido a Arzúa.
Vai preparando o teu mellor disfraz para vir troulear polos bares asociados de AECA porque a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa acaba de convocar a VI Edición do Concurso de Disfraces que terá lugar polos bares asociados inscritos durante o sábado día 22 dende as 18:00h. ata rematar o domingo 23 de febreiro ás 24:00h.
Ademáis haberá degustacións de tapas típicas de entroido de balde, e o sábado á tarde-noite contaremos coa animación da CHARANGA OS AMIGOS, que farán un percorrido polos bares inscritos que son os seguintes: BAR LUÍS, BAR MANOLO, CAFÉ A FRAGA, CAFÉ BAR PEDRITO, CAFÉ BAR KARPER, CAFÉ BAR PRAZA, CAFETERÍA OS CASQUEIROS, MESÓN OS CATRO VENTOS, O FURANCHO D´SANTISO E PARRILLADA EUROPA.
Animádevos a participar; os hostaleiros celebrarán o Entroido con vós decorando e ambientando os locais, e disfrazando tamén ao personal !
Este Entroido haberá festa rachada en Arzúa!!!
??????????
AECA ENTROIDO ARZÚA CONCURSODEDISFRACES CARNAVAL PREMIOS TAPASGRATIS MEJORDISFRAZ INDIVIDUALOUPARELLA COMPARSASEGRUPOS FESTAPOLOSBARES ANIMACIÓNMUSICAL CHARANGA OSAMIGOS TROULA
BASES DE PARTICIPACIÓN:
– Poderá participar calquera persoa maior de idade, ou calquera menor acompañado dun adulto, que o desexe. Os participantes que deberán acudir disfrazados a algún dos locais asociados inscritos no prazo establecido en calidade de clientes, terán dereito a unha degustación de tapas típicas de Entroido con cada consumición.
– Estando no interior dun local inscrito terán que fotografiarse de modo que se amosen ben os disfraces, para despois colgar unha imaxe na páxina de Facebook: “Aeca Asoc Empresarios” antes das 24:00h. do domingo 23 de febreiro.
– O xurado popular do Facebook será quen determine os gañadores nas dúas categorías que se establecen: modalidade individual ou en parella, e modalidade en grupo ou comparsa.
–Os participantes que máis me gustas obteñan antes do lúns día 24 en cada categoría, serán os gañadores dos seguintes premios:
• Categoría individual ou en parella: 1 Cea valorada en 50€ a desfrutar nun local hostaleiro asociado a A.E.C.A. participante nesta actividade e 1 mini lote de produtos Estrella Galicia.
• Categoría en grupo ou comparsa: 1 Bono agasallo de 500€ e 1 lote de produtos Estrella Galicia.
– En caso de empate nalgunha das categorías, os representantes de AECA serán quenes valoren e determinen os gañadores sendo éste un fallo inapelable.
– AECA dará a coñecer aos gañadores a través da páxina de facebook de AECA o día 24, e faranse públicas as imaxes da entrega dos premios.
– Unha mesma persoa non poderá participar en ambas modalidades. E tan só se terá en conta unha fotografía por cada participación; que deberá estar etiquetada na biografía de Aeca Asoc Empresarios.
– Así mesmo AECA resérvase o dereito de declarar os premios desertos por falta de calidade ou por incumprimento das bases. A organización poderá tomar calquera decisión con respecto as presentes bases de xurdir algunha dúbida ou cuestión.
– A participación neste concurso implica a aceptación total de estas bases.
BASESCONCURSODISFRACESAECA2020
ENTROIDOARZÚA CONCURSODISFRACESPOLOSBARES CARNAVAL2020ARZÚA