Sign In

Noticias

Últimas Noticias
AECA celebra o Samaín cun sorteo de vales, un magosto e unha xincana polo Centro Comercial Aberto de Arzúa

AECA celebra o Samaín cun sorteo de vales, un magosto e unha xincana polo Centro Comercial Aberto de Arzúa

‼️‼️ CHEGOU O SAMAÍN AO CCA ARZÚA ‼️ 🍂🍁🎃🎃🎃🎃🎃🎃🍁🍂
🎃 Participa no sorteo especial de Samaín coas mercas do 20 ao 30 de outubro no Centro Comercial Aberto Arzúa e demáis locais comerciais asociados a AECA  💶💶💶 🍀🍀🍀🤩
🎃 Sorteo de 4 vales de compra; 💰 200€ en premios!!
🎃 Xincana » Adiviñas do Samaín» polo cca Arzúa !! 🔍🤔
Atopa as 12 adiviñas agochadas polas tendas do cca e completa a xincana. Se a resolves levarás un premio seguro 🎁
🎃 Magosto o venres 29, a partires das 17:30h. na Praza de Galicia. Haberá degustación de castañas asadas de balde para aqueles clientes do cca que presenten un tícket de consumo, cun gasto mínimo de 10€ e con data comprendida entre o día 20 e o 29 de outubro, de calquera establecemento asociado a AECA. 🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰😋
Achégate a Arzúa polo Samaín e pásao de medo!! 😱
🎃👹👺👻🧙‍♀️🧟‍♂️🧛‍♂️😈🧛🧟‍♀️🧛‍♀️ 🦇🕷🕸💀
BASES DE PARTICIPACIÓN NO SAMAÍN DA AECA 2021:

Primeira.

Este sorteo convocado e organizado por AECA para a incentivación comercial con motivo do SAMAÍN consiste no sorteo de 4 VALES de merca por valor de 50€ no Centro Comercial Aberto de Arzúa.

Serán 4 o número de clientes premiados de entre tódalas mercas rexistradas durante esta campaña que cumpran coas presentes bases.

O sorteo terá lugar o 03/11/2021 en directo a través de Radio Arzúa.

Segunda.

Poderá participar neste sorteo calquera persoa maior de idade que rexistre unha merca, no CCA de Arzúa ou en calquera outro establecemento comercial asociado a AECA , por valor de alo menos 10€ e que sexa efectuada entre o día 20 e o 30 de outubro de 2021 (ambos días inclusive).

Para levar a cabo o rexistro das mercas estará disposta a urna da AECA no mostrador dos locais asociados, onde será depositada a copia do tícket de merca co nome completo e teléfono de contacto do participante.

No momento do sorteo se sae premiado un tícket coa data fóra do prazo establecido, ou cun importe inferior a 10€ quedará invalidado e sacarase outro tícket.

O importe mínimo de gasto é de 10€ por tícket; non estando permitido acumular o valor de varios tíckets para conseguir unha participación no sorteo.

Unha mesma persoa poderá rexistrar tantas mercas como desexe pero non poderá ser a gañadora de máis dun premio.

Terceira.

Os 4 clientes gañadores serán avisados telefónicamente e recibirán de premio un vale de compra por valor de 50€, para volver canxear en calquera dos establecementos asociados participantes nesta actividade.

Así mesmo os 4 premios outorgados por AECA serán canxeados no prazo dun mes dende a data do sorteo.

Os gañadores do sorteo para reclamar o premio estarán obrigados a xustificar o gasto do premio previamente; presentando na sede da AECA tíckets de consumo de locais pertencentes a AECA con data posterior ao Sorteo Especial Samaín por importe igual ou superior ao valor do premio, para recibir o abono que corresponda. O prazo para reclamar os premios rematará o 3 de decembro de 2021.

Cuarta.

Os tíckets de merca de calquera establecemento asociado (comercio, hostalería ou servicios) por importe de alo menos 10€ e con data comprendida según establece a campaña (do 20 ao 30 de outubro) tamén serán válidos para participar do magosto que celebrará AECA. Presentando o tícket de consumo os clientes poderán desfrutar da degustación de castañas asadas de balde o venres 29, na Praza de Galicia, a partires das 17:30h.

Quinta.

Ademáis do sorteo, AECA organiza durante este Samaín a xincana “Adiviñas do Samaín”, que consistirá en descubrir 12 adiviñas agochadas polas tendas do cca, e atinar coa súa resposta correctamente.

Os participantes que consigan completar a xincana levarán un agasallo sorpresa de AECA, acudindo á sede da Asociación sita no Pol. Industrial de Arzúa, parcela 1, antes do 30 de outubro. (Os agasallos son limitados, só ata fin de existencias)

As respostas das adiviñas presentaranse ordenadas e numeradas do 1 ao 12 xunto co nome do establecemento onde estaba ubicada cada adiviña.

Sexta.

Será necesaria a recollida de datos persoais para levar a cabo o sorteo, e a operativa da entrega dos premios, respetando a normativa aplicable en materia de Protección de Datos de carácter persoal. Os titulares dos datos proporcionados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitindo un escrito acompañado dunha fotografía do seu DNI, dirixido ao CCA de Arzúa (AECA), con enderezo no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1, 1º. 15810 Arzúa ( A Coruña), coa referencia “Protección de Datos” Sorteo Especial Samaín 2021.

Os gañadores do sorteo ceden, nos términos legais necesarios, os dereitos de imaxe das fotografías que se tomen na recepción do premio outorgado por AECA.

Séptima.

A participación neste sorteo implica a total aceptación das presentes bases depositadas en A.E.C.A.

Relacionados