AECA premia con bonos para consumir en hostalería polo sorteo do «Día da Nai»
O pasado 4 de maio celebrouse o sorteo do Día da Nai organizado por AECA, foi en directo a través da radio local: RADIO ARZÚA, e no cal resultaron premiados 5 clientes do Centro Comercial Aberto de Arzúa que mercaron durante a campaña.
Os gañadores xa foron avisados telefónicamente e recibirán como premio o importe equivalente á merca efectuada coa que participaron.
AECA nesta ocasión estableceu que o desfrute do premio fora destinado ao consumo no sector hostaleiro asociado.
Así pois, os 5 premios outorgados por AECA serán canxeados en calquera dos establecementos hostaleiros asociados a AECA no prazo dun mes dende a data do sorteo.
Cada gañador para reclamar o seu premio estará obrigado previamente a xustificar o gasto; presentando na sede da AECA tíckets de consumo de locais hostaleiros pertencentes a AECA con data posterior ao sorteo do DÍA DA NAI, por importe igual ou superior ao valor do premio, para recibir o abono según lle corresponda.
O prazo para reclamar os premios rematará o 4 de xuño de 2021.