Sign In

Noticias

Últimas Noticias
Mónica González Sánchez ganadora en Arzúa de la Campaña #Morriñadetí de los Centros Comerciales Abiertos de Galicia

Mónica González Sánchez ganadora en Arzúa de la Campaña #Morriñadetí de los Centros Comerciales Abiertos de Galicia

O CCA DE ARZÚA XUNTO COA ASOCIACIÓN DE XERENTES DE CENTROS COMERCIAIS
ABERTOS DE GALICIA PUXO EN MARCHA A CAMPAÑA «A MORRIÑA NON TEN
BRAZOS PERO APERTA FORTE O CORAZÓN»

OS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS DE GALICIA QUIXERON TRASLADAR A TODOS
OS SEUS CLIENTES, QUE O COMERCIO LOCAL ESTÁ AO SEU CARÓN NESTOS
MOMENTOS TAN DIFÍCILES PARA TODOS.

SORTEÁRONSE 1.350 EUROS EN VALES DE COMPRA PARA CONSUMIR NOS
ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS PARA CANDO PASE A CRISE DO COVID 19

 

 

O Centro Comercial Aberto de Arzúa en colaboración coa Asociación Galega de Xerentes de
Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas puxo en marcha a campaña «A
MORRIÑA NON TEN BRAZOS PERO APERTA FORTE O CORAZON «, na que un total de 27 centros
comerciais abertos da nosa comunidade autónoma, e de forma conxunta, pretenderon
premiar a fidelidade dos seus clientes e recordarlles que o comercio local de Arzúa e
Galicia está sempre ao seu carón, coma en momentos tan difı́ciles para todos como o que
estamos vivindo con motivo do COVID 19.

 

A participación na campaña, foi moi sinxela xa que @s interesad@s só tiñan que facer un
comentario indicando qué era o que máis botaban de menos do comercio de proximidade
no post do concurso dentro do facebook da Asociación Galega de Xerencia de CCAs e compartir dita
campaña, desta maneira as/os participantes, entraron no sorteo de 27 vales de compra
por valor de 50 euros (1.350 euros en total), que se poderán gastar nos establecementos
asociados unha vez finalice o confinamento por motivo do COVID 19 e volvamos á
normalidade.

Unha vez finalizado o prazo para poder participar, as xerencias dos Centros Comerciais
Abertos, están moi satisfeitas cos resultados da campaña, xa que tivo un alcance de 40.000
persoas. No caso de Arzúa, os comentarios representaron un 3,85% do total no concurso.
Neste caso, Mónica González Sánchez, coa seguinte publicación:”Dende Arzúa!! Boto de
menos o ruido das verjas dos locales abrindo e cerrando, e con ellas o bullicio de todos nas
calles. Ojalá prontiño voltemos a estar todos nas calles e podamos darnos una abraciño”, foi
a gañadora tralo sorteo efectuado e despois de comprobar que cumplı́a os
requisitos do concurso.

Dende aquí queremos dar a gracias a todos os participantes e os nosos parabéns aos gañadores de ésta Campaña:

 

 

Pese ao confinamento ao que se ven sometidos @s xerentes de ditos CCAS, seguen
prestando os seus servizos ao comercio local atendendo dúbidas e informando aos seus
asociados en todo momento. Ao mesmo tempo intercambian informacións e ideas entre
eles, e froito das mesmas xurdiu esta primeira campaña conxunta.

Relacionados