Product Description
[vc_row][vc_column][vc_column_text]Casa Brandariz está situada en Dombodán – Arzúa, case no límite que separa as provincias da Coruña e Pontevedra, en Galicia. É unha tradicional casa galega de labranza, de orixe centenaria (data de 1523), edificada nun terreo abrupto e adáptase perfectamente á contorna rural e natural que a rodea, nunha zona de gran interese paisaxístico e ambiental, desde a que se pode ir dando un paseo ata o pantano de Portodemouros.
É o lugar ideal para o merecido descanso do peregrino antes da súa última etapa cara a Compostela, pola súa proximidade ao Camiño de Santiago, onde conflúen os roteiros do Norte, Primitivo e Francés.
A casa foi restaurada con gran esmero e materiais propios do lugar, consta de dúas zonas ben diferenciadas, unha a do Comedor con fonte de pedra, Sala de estar e Biblioteca, Lareira e Reservado onde se situaba o antigo forno do pan, entre outros elementos tradicionais e a outra parte, composta por sete habitacións.
[/vc_column_text][vc_btn title=»Cómo chegar?» color=»danger» link=»url:https%3A%2F%2Fwww.google.com%2Fmaps%2Fdir%2F%2FCASA%2BBRANDARIZ%2C%2BCalle%2BDombodan%2C%2Bs%252Fn%2C%2B15819%2BArz%25C3%25BAa%2F%4042.86343%2C-8.201669%2C15z%2Fdata%3D!4m9!4m8!1m0!1m5!1m1!1s0xd2fb4bef7d32775%3A0xc3926f425cbc6790!2m2!1d-8.201669!2d42.86343!3e0|title:Albergue%20Tur%C3%ADstico%20Santiago%20Apostol|target:%20_blank|»][/vc_column][/vc_row]