VOLTA AO COLE SOLIDARIA: AECA ORGANIZA UNHA RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR NAS LIBRARÍAS ASOCIADAS PARA FAMILIAS NUMEROSAS E DESFAVORECIDAS
Aproxímase a volta ao cole , e un ano máis a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa toma medidas de responsabilidade social e decide poñer en marcha unha iniciativa filantrópica, mediante a organización dunha RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR que será donado a Cáritas de Arzúa; para que ésta entidade o canalice en favor das familias numerosas e/ou máis necesitadas da Comarca.
Trátase da donación de mercas efectuadas no Centro Comercial Aberto de Arzúa para colaborar na necesaria equipación escolar de nenos/as que se encontren en situación de vulneravilidade.
AECA para levar a cabo esta acción social estblece 2 puntos de recollida onde a xente podera depositar a súa donación a partires do 23 de agosto e ata o 8 de setembro; será na Librería Cartafol na avda. Lugo, 18 e na Libreria Os Picariños, na rúa Santiago, 10 en Arzúa.
Dende a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa agradecen aos coordinadores de Cáritas Arzúa a súa colaboración para xestionar esta acción social, quenes de seguro destinarán da mellor maneira a donación aportada polos veciños solidarios da Comarca de Arzúa.
AECA quere promocionar tamén o consumo no comercio local pola volta ao cole, destacando a importancia de mercarlles aos comerciantes veciños para contribuír á mellora da economía do lugar onde vivimos.
Así mesmo, a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa salienta ademáis que o Centro Comercial Aberto de ARZÚA dispón de todo o necesario para a equipación dos cativos, sen que haxa necesidade de desprazarse ás grandes superficies nas cidades, aforrando así tempo e diñeiro, nin mercar a xigantes on line que non aportan as vantaxes nin a confianza ao cliente como os comerciante locais.
ESTA VOLTA AO COLE MERCA LOCAL, MERCA SEGURO, MERCA EN CONFIANZA NO CCA ARZÚA