Sign In

Noticias

Últimas Noticias
DO 3 AO 9 DE XUÑO CELÉBRASE A SEMANA BRANCA DO COMERCIO

DO 3 AO 9 DE XUÑO CELÉBRASE A SEMANA BRANCA DO COMERCIO

 

CHEGA AO CCA ARZÚA A SEMANA BRANCA DO COMERCIO, CON DESCONTOS DIRECTOS, VALES AGASALLO PARA 2as MERCAS E DIVERSOS SORTEOS.

Arzúa, 30 de maio de 2024.

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza a campaña de dinamización comercial SEMANA BRANCA DO COMERCIO que terá lugar do 3 ao 9 de xuño nas tendas asociadas participantes do Centro Comercial Aberto de Arzúa no seu horario habitual. Estas xornadas comerciais extraordinarias teñen por obxectivo estimular as vendas da colección do verán e fidelizar aos clientes, así como atraer ao CCA a novos consumidores. Durante a campaña, os comercios participantes ofrecerán diversas vantaxes coas súas mercas: vales desconto agasallo para unha compra, participacións en diversos sorteos (vales de compra/lotes de produtos) e/ou promocións especiais da “SEMANA BRANCA” con significativos descontos directos. Ademáis, para fidelizar aos clientes do CCA Arzúa, AECA celebrará o gran sorteo dunha escapada á Ribeira Sacra cunha estancia para 2 persoas nun hotel balneario****, entre tódalas mercas efectuadas por calquera persoa maior de idade durante a campaña e por importe superior a 25€.

As tendas participantes, maioritariamente do sector moda, calzado e complementos, superan a vintena: Arroupadiños, Asian, Boutique Anduriña, Calzados Iglesias, Carola Moda Arzúa, Comercial Alfonso Souto, Deportes López, Europa Asia, Estrenas Zapatería & Complementos, Lage Moda, Librería Os Picariños, M&D Lencería e Fogar, Mi Tata, MíaMaría, Miss Zapatos, Moda Sari, Novavisión Óptica, Óptica Abal, Sport Moda, Su & Su Salón de Beleza e Vadi Moda.

Durante a SEMANA BRANCA tódolos locais participantes estarán identificados co cartel da campaña, así como coa decoración temática dos seus escaparates. E ata no outfit do persoal das tendas predominará a cor branca, facendo así un guiño á actividade organizada.

 As ofertas e promocións de cada tenda, así como as bases da actividade poderán ser consultadas polos consumidores facenco click nos seguintes accesos:

PROMOCIÓNS SEMANA BRANCA DO COMERCIO

Bases de participación SEMANA BRANCA

Dende o Centro Comercial Aberto de Arzúa animan tanto aos veciños de toda a comarca como aos visitantes a apoiar ao comercio da vila, xa que é a opción de consumo máis sostible e a única que sempre garantiza un bo servizo e a calidade dos seus produtos. A organización da AECA non duda que os consumidores aproveitarán esta gran oportunidade para adquirir artículos de primeiras marcas a prezos máis vantaxosos e conseguir participacións nos sorteos programados.

 

 

 

Relacionados