Sign In

30 ANOS DE AECA

30 ANOS DE AECA

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa ven de celebrar recentemente o seu 30º aniversario.

Foi un 29 de outubro de 1990, cando un grupo de empresarios de Arzúa tomaron a iniciativa de constituír esta asociación empresarial. Jose Ramón Agra López como Presidente,  xunto cos demáis membros fundadores conformaron a primeira Xunta Directiva: Fernando Carreira López, Antonio Gómez Alamancos, Alfredo López Vidal, Manuel Moscoso López e Juan Andrés Pampín Casal.

Dende 1990 ata hoxe, tódalas xuntas directivas sucesivas traballaron pola defensa e o apoio aos empresarios que a integran.

AECA segue a fomentar a solidariedade entre os asociados, facilita servicios comúns, toma iniciativas para conseguir melloras sociais e económicas para o seu tecido empresarial, promove a actividade comercial e hostaleira, etc.

Esta efeméride fala moito e ben do traballo realizado por AECA, e aínda en contextos difíciles como o actual, a asociación segue a cumprir co seu rol como representante dos empresarios ante os gobernantes a quenes se lles solicita que tomen medidas para minimizar o grave impacto que a crise do COVID 19 está a causar aos autónomos e ás pequenas empresas afiliadas.

Confiemos en que AECA poida continuar moitos anos máis no seu afán por axudar e asesorar aos seus empresarios; pois trátase dunha entidade sen ánimo de lucro que realiza unha importante labor de intermediación e interlocución entre os diferentes axentes sociais, atendendo ás necesidades de formación e información dos mesmos, contribuíndo así ao desenrolo económico de Arzúa e a súa Comarca.

 

 

Por todo, e para lembrar ésta conmemoración este ano a Asociación adicou o deseño das novas bolsas promocionais da AECA ao seu 30º aniversario, as cales moi pronto sairán á rúa.

Relacionados