Sign In

AGAXECCA PON EN VALOR O TRABALLO DOS CCAS DE GALICIA , A PROL DA MELLORA DA COMPETITIVIDADE DO PEQUENO COMERCIO.
A TRAVÉS DA CAMPAÑA AS FORZAS QUE MULTIPLICAN, DASE A COÑECER A LABOR QUE LEVA A CABO A XERENCIA DO CCA DE ARZÚA, COMO UN EXEMPLO DE PROPOSTA INNOVADORA DESENVOLVIDA PARA ATRAER CONSUMIDORES AO COMERCIO DE PROXIMIDADE.
A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa súmase á campaña AS FORZAS QUE MULTIPLICAN para poñer en valor a nosa economía local.
Baixo o lema As forzas que multiplican, a Asociación Galega de Xerencia de Centros Comerciais Abertos (AGAXECCA) pon en marcha unha campaña para dar a coñecer, a través das redes sociais, algunhas das propostas máis innovadoras desenvolvidas, nos últimos anos, por máis de 30 asociacións diferentes. O principal obxectivo desta iniciativa, á que se adheriu a AECA é “reivindicar a importancia dos pequenos negocios locais como creadores de riqueza e emprego, pero tamén como axentes dinamizadores da vida social nas súas respectivas localidades”.
Na campaña, que conta co financiamento da Deputación da Coruña, estarán representadas propostas moi diversas orientadas á dinamización comercial, ao relanzamento da actividade da hostalería ou a atraer consumidores de fóra da localidade onde desenvolve o seu traballo o CCA.
A AGAXECCA explica que “nalgúns casos, trátase de iniciativas que serviron para renovar campañas comerciais tradicionais, como o Nadal ou as rebaixas; noutros, as asociacións apostaron pola innovación para integrar as novas tecnoloxías no comercio tradicional”. O nexo común é o de ser exemplos de como a unión e a coordinación das pequenas empresas de ámbito local serviu para multiplicar a súa competitividade.
AECA está representada nesta iniciativa a través da súa campaña máis característica no centro comercial aberto de Arzúa; a de Nadal, que este ano consiste na celebración da recepción de Papá Noel cun sorteo de agasallos para os nenos, o sorteo de máis de 5.000€ en bonos para premiar as mercas e o sorteo dunha extraordinaria súper cesta de nadal.
https://www.facebook.com/AsociacionGalegaXerenciaCentrosComerciaisAbertos/videos/1163784174387136
https://www.instagram.com/asociaciongalegaxerentesccas/reel/CYBjvpzoe_Q/?utm_medium=copy_link

Relacionados