ARZÚA ACOLLE ESTE VENRES A CAMPAÑA AUTONÓMICA ‘COMERCIO COMPENSA’ NO MARCO DA FESTA DA VOLTA Á ESCOLA

- O Campo da Feira contará cun punto informativo de 17:00 a 20:00 horas onde se repartirán ata 400 bolsas de tela (tote bags) gratuítas entre as persoas que presenten un tique de compra de AECA.
- A iniciativa, apoiada polo Goberno galego, busca fomentar o consumo responsable, consciente e de proximidade no municipio.
Arzúa, 9 de setembro de 2026. O municipio de Arzúa será unha das paradas principais da campaña autonómica Comercio Compensa, unha iniciativa da Xunta de Galicia que percorrerá 60 localidades galegas entre 2026 e 2027 co obxectivo de fomentar as compras de proximidade e apelar a un consumo máis responsable, sostible e respectuoso co contorno.

A actividade desenvolverase este venres, 11 de setembro, coincindo coa celebración da «Festa Volta á Escola», unha campaña de dinamización comercial organizada polo Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA). Esta xornada festiva e familiar foi concibida especificamente para impulsar o comercio local nun momento clave para as economías domésticas como é o inicio do curso escolar.

Recompensa ao consumo consciente ata fin de existencias
No marco dos obxectivos de Compensa, o Goberno galego insta á cidadanía a apostar polos produtos de quilómetro cero, a consumir de forma máis consciente, a reducir o uso de envases innecesarios e a alongar a vida útil dos artigos que se mercan.
No marco dos obxectivos de Compensa, o Goberno galego insta á cidadanía a apostar polos produtos de quilómetro cero, a consumir de forma máis consciente, a reducir o uso de envases innecesarios e a alongar a vida útil dos artigos que se mercan.
Para premiar este compromiso co comercio local, todas as persoas que se acheguen este venres ao Campo da Feira (en fronte do Multiúsos Terra do Queixo) entre as 17:00 e as 20:00 horas poderán levar un agasallo. Para obtelo, só terán que presentar un tique de compra de calquera establecemento comercial asociado a AECA con data comprendida entre o 1 e o 11 de setembro no punto de información COM-PENSA.

Nesta ocasión, repartiranse ata un máximo de 400 unidades de bolsas de tela (tote bags) coa imaxe oficial da campaña (ata fin de existencias), un obsequio pensado e deseñado para promover o uso de alternativas reutilizables no día a día de xeito sostible.

A «Festa de animación Volta á Escola» e as accións de dinamización comercial contan co apoio da Xunta de Galicia, xunto coa Concellería de Promoción Económica do Concello de Arzúa e a colaboración da Deputación da Coruña, sumando esforzos para poñer en valor o tecido comercial arzuán.
