«AGASALLA ARZÚA» O NOVO PAPEL DE REGALO PERSONALIZADO DO CCA ARZÚA
Os comerciantes do CCA ARZÚA estrean un novo papel de regalo personalizado co slogan: «AGASALLA ARZÚA»
O proxecto AGASALLA ARZÚA, levado a cabo por AECA, consisteu na creación dun papel de agasallo moi especial para o Centro Comercial Aberto de Arzúa.
Este significativo papel, de cor vemella, conta co slogan «AGASALLA ARZÚA» e varios debuxos moi representativos en cor branca.
A través do deseño de ésta solución de empaquetado de produto, AECA quere cumprir o obxectivo de promover o consumo no noso comercio de proximidade e divulgar as bondades do CCA ARZÚA; especialmente os produtos locais que forman, por excelencia, a identidade do Concello de Arzúa como son o queixo, o mel ou a artesanía do coiro.
Ademáis, no deseño faise alusión ao Camiño de Santiago; dada a importancia que ten Arzúa neste itinerario. Tamén se fai un guiño ao produto fresco local, ao sector da moda, así como á gastronomía e á repostería local. Trátase pois dun deseño atemporal, ó cal se lle pode dar uso en calqueira ocasión do ano.
En definitiva o que procura AECA con este proxecto, subvencionado polo Concello de Arzúa, é poñer en valor o consumo no centro comercial aberto de ARZÚA, posicionando o CCA como unha boa ópción comercial, con variedade de produtos e de calidade, con artesanía, boa gastronomía e múltiples servizos.
Grazas a éste proxecto, todos e cada un dos comerciantes do CCA Arzúa dispoñen dunha bobina de papel de agasallo personalizado, fabricado ademáis con materiais biodegradables.
A actividade levouse a cabo en decembro de 2023, para que tódolos comercios asociados puideran dispoñer do material de empaquetado durante o Nadal e a tempada de Reices, así como durante as vindeiras campañas de dinamización comercial que AECA organice ao longo do ano 2024.
Dende AECA confían en que ésta iniciativa axude a empoderar o consumo no CCA Arzúa, xa que grazas a este material personalizado de empaquetado poderemos saber a procedencia do produto co cal nos están a agasallar.
Así mesmo, AECA espera que o papel personalizado AGASALLA ARZÚA axude a reforzar a propia marca que representa a tódolos comerciantes de Arzúa.
Deseño papel AGASALLA ARZÚA