Sign In

Noticias

Últimas Noticias
O Desfile de Moda do CCA Arzúa será o vindeiro 13 de abril

O Desfile de Moda do CCA Arzúa será o vindeiro 13 de abril

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Desfile de Moda do CCA Arzúa será o vindeiro 13 de abril

Arzúa, 1 de abril de 2024. Arzúa acollerá o vindeiro sábado 13 de abril o Desfile de Moda
do CCA, o gran evento de moda da comarca para presentar diversos produtos e artigos da
colección primavera – verán.
O día 13, ás 18 horas, no Multiusos Terra do Queixo cerca dunha vintena de comercios de
proximidade arzuáns amosarán as súas prendas, zapatos, complementos e peiteados para
a temporada de primavera – verán 2024. Unha boa oportunidade para que os
establecementos locais mostren os seus artigos a todo tipo de público, sexan ou non
clientes. Os comercios participantes son: Alca Joyeros, Arzugráfica, Arroupadiños, Calzados
Iglesias, Carola Moda, Cempés Multiservicios, Chorima Perfumería, DV&DARIZZA Salón de
Belleza, Estrenas Zapatería e Complementos, Lage Moda, Mi Tata, Miss Zapatos, Moda
Sari, Moheva, Novavisión Óptica e Su&Su Salón de Belleza.
Ademais, os e as modelos van ser persoas do municipio que as propias tendas buscanron
para a ocasión, o que fan esta pasarela aínda máis especial. Os e as modelos serán de
todas as idades, dende crianzas a persoas de máis idade. A maiores, o Desfile de Moda
CCA de Arzúa terá dous presentadores de luxo: Fran Cañotas e Alejandra Barco que
conducirán o acto que estará amenizado pola Gramola.
O desfile terá como fío condutor as diversas prendas do día: mañá, mediodía/tarde e
noite/festa. Con esa temática sairán diversas prendas, zapatos, complementos e peiteados
que poden atopar nas tendas de Arzúa participantes.
Nesta pasarela de moda do comercio de proximidade arzuán tamén haberá diferentes
sorpresas para o público asistente para premiar o seu compromiso cos establecementos do
municipio. Dende o Centro Comercial Aberto animan a toda a veciñanza da vila e dos
concellos de proximidade achegarse o sábado 13 a Arzúa para desfrutar dun gran evento
onde a moda e as tendas locais serán as protagonistas.

 

 

Relacionados