Sign In

Noticias

Últimas Noticias
AECA CELEBRARÁ A FESTA DA VOLTA AO COLE O 23 DE SETEMBRO PARA AS FAMILIAS CLIENTES DO CCA ARZÚA

AECA CELEBRARÁ A FESTA DA VOLTA AO COLE O 23 DE SETEMBRO PARA AS FAMILIAS CLIENTES DO CCA ARZÚA

DENDE A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA COMARCA DE ARZÚA ANIMAN ÁS FAMILIAS A APOSTAR POLO COMERCIO LOCAL PARA PREPARAR A VOLTA AO COLE 2023, E XA ESTÁN A ORGANIZAR UNHA GRAN FESTA DE ANIMACIÓN PARA GRATIFICAR AS MERCAS NO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE ARZUA DURANTE ÉSTA CAMPAÑA, QUE SE PROLONGARÁ ATA O 23 DE SETEMBRO.

 

AECA celebrará a FESTA DA VOLTA AO COLE o sábado 23 de setembro no exterior do Multiúsos de Arzúa a partires das 16 h. da tarde.

Ésta actividade organizada por AECA pretende incentivar que as familias preparen a volta ao cole apostando polo consumo no comercio local asociado.

O evento consistirá na celebración dunha gran festa de animación infantil con diferentes actividades como inchable de auga, festa da escuma, múltiples xogos: tiro con arco, raquetas, bolos, badminton, etc, e unha sesión de baile con speaker animador quen organizará coreografías co público infantil asistente.

A festa será a cargo da empresa de animación BIOSBARDOS e está programada para o 23 de setembro no exterior do recinto do Multiúsos Terra do Queixo, onde terán acceso tódalas familias clientes do cca que presenten un tícket de gasto por nen@ de material escolar, deportivo, ou de produtos de equipación persoal, por importe mínimo de 20€, e con data comprendida do 1 ao 23 de setembro.

Aos nenos que acrediten ese gasto no CCA Arzúa, entregaráselles unha pulseira identificativa no acceso ao recinto da festa coa cal poderán participar de tódalas actividades que se ofrecen.

Ademáis para fidelizar aos clientes e premiar as mercas haberá degustación de xeado de crema para todos.

O principal obxectivo de ésta campaña é fidelizar ás familias que preparan a volta ao cole co comercio local; concienciando tamén a través das redes sociais das vantaxes de mercar no pequeño comercio, e posicionando as tendas locais de material escolar, deportivo e de outras mercadorías infantís e xuvenís do cca Arzúa fronte a outras grandes superficies, que non prestan un servicio tan personalizado e de confianza; coa tranquilidade e o aforro de tempo que supón mercar na proximidade.

Os beneficiarios de ésta acción serán todos aqueles comerciantes asociados do CCA Arzúa cunha actividade comercial vinculada á venta de material de deporte, material escolar, material informático, e outros accesorios personais como por exemplo botellas isotérmicas, tuppers para a merenda, paraugas, gafas, lentillas …etc., así como as tendas de equipación personal de nenos e xóvenes en canto a uniformes, calzado, roupa e demáis complementos se refire. 

 

A FESTA DA VOLTA AO COLE está incluída no programa de actividades de dinamización comercial 2023 do CCA Arzúa, a cal é cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro da convocatoria CO300A.

Relacionados