AECA GRATIFICA AS MERCAS CON 500 PREMIOS SEGUROS NO «ARZÚA OUTLET» PARA CANXEAR NA HOSTALERÍA
A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza a campaña comercial ARZÚA OUTLET que se celebrará os días 20 e 21 de agosto en 18 tendas asociadas do Centro Comercial Aberto de Arzúa.
O obxectivo da campaña é darlle saída ao stock da tempada, animando aos clientes a mercar nas últimas rebaixas que xa chegaron ao seu prezo límite.
AECA para acadar este obxectivo vai gratificar as compras durante a promoción do ARZÚA OUTLET aportando un total de 500 premios directos que os comerciantes participantes entregarán ata fin de existencias coas mercas por importe igual ou superior a 30€, e que consistirán en vales para consumir nos locais hostaleiros asociados.
As 18 tendas participantes estarán identificadas mediante unha decoración común; a moqueta vermella da AECA e globos de cores na entrada do local.
Durante o ARZÚA OUTLET os clientes tamén poderán atopar unha exposición de produtos OUTLET no exterior das tendas; na beirarrúa.
Ademáis o venres 20 e sábado 21 de agosto haberá animación infantil e musical a cargo de Os Biosbardos, que traeran mascotas de Disney entre outras personaxes ao Centro Comercial Aberto de Arzúa.
Así que esta fin de semana achégate ao CCA de Arzúa, merca e desfruta do teu premio seguro !!!
Porque mercar no comercio local só ten vantaxes!!
Porque mercar no pequeno comercio fainos grandes!!