AECA OFRECE UNHA COMPLETA E VARIADA PROGRAMACIÓN NA 2A FEIRA DE STOCKS E ARTESANÍA

Expositores locais participantes
O 28 e 29 de marzo o Recinto Feiral Terra do Queixo de Arzúa converterase no epicentro das grandes oportunidades 

@miamaria_store
@arroupadinos
@carolamodaarzua
@md_lenceria_hogar
@moheva_ Moheva
@javier.lage.3
@estrenas_zapateriacomplementos
@mitatatienda
@g.h.gomez
@modasari
@deporteslopez Deportes Lopez Arzua
@joseglezfruteiro
@docesmamateresa
@libreriaanagrama
@ospicarinhos
@novavisionarzua Novavision
@misszapatospermitetelos

Velaquí está o programa completo da 2a FEIRA DE STOCKS E ARTESANÍA:
SÁBADO 28 DE MARZO
11:00 h. – Apertura da feira
11:00 h. – 20:00h. – Espazo «Xogolandia»:
Ludoteca con diferentes áreas de xogo pedagóxico para desfrutar en familia: xogos populares e tradicionais ou deportivos e un castelo inchable.
16:30 h. – 18:00h. – Obradoiros de manualidades (Biosbardos Animación)

Biosbardos Animación
18:00 h. – 20:00h. – Sesión de tardeo co Dúo Attic.
Un concerto en acústico de versións covers en galego, castelán e inglés.

🎸🎵PLANAZO DE SÁBADO: TARDEO, STOCKS E BOA MÚSICA EN ARZÚA!
Este sábado 28 de marzo, o corpo pídeche tardeo e o Multiúsos de Arzúa é o lugar onde tes que estar para escoitar boa música 🎶✨
E co servizo de bar de Martín do Levels Melide xa tes o combo perfecto 😉🥂🎉
Imos gozar, na 2a Feira de Stocks e Artesanía, dunha sesión acústica moi especial coa marabillosa voz de Eva e a guitarra de Toño: Attic Music! 🎤🎸🎵 attic eventos👌
Unha cita imprescindible para apoiar o noso comercio e pasar unha tarde de 10👌 Non faltedes!
Actividade organizada por AECA e subvencionada polo @concellodearzua e Xunta de Galicia para a dinamización do CCA Arzúa 🤝 Comercio galego
20:30 h. – Peche da feira
DOMINGO 29 DE MARZO
11:00 h. – Apertura da feira
11:00 h. – 19:00 h. – Espazo «Xogolandia» (Biosbardos Animación).
Un espazo permanente de ocio infantil durante a feira, con diferentes áreas de xogo pedagóxico para desfrutar en familia: Xogos populares, tradicionais ou deportivos, e un castelo inchable.
🎈👨👩👧👦 Este finde, a diversión é cousa de familia en Arzúa!
Na Feira de Stocks e Artesanía agarda por vós un espazo pensado para que as crianzas non paren de gozar mentres vós desfrutades da feira 👇
🏰 Espazo permanente «XOGOLANDIA»: Unha ludoteca chea de ilusión con xogos populares e tradicionais, retos deportivos e un castelo inchable… diversión asegurada durante toda a xornada!
Actividade subvencionada polo Concello de Arzúa dentro da programación da 2a Feira de Stocks e Artesanía organizada por #AECA coa cofinanciación da Xunta de Galicia @comerciogalego
12:00 h. – Vermú literario:
Presentación da obra «Mazarelos» co seu autor; Manuel Portas e con Jose Manuel Pampín; coordinador do Clube de lectura municipal. A continuación, sinatura do libro.

¿Buscas o plan perfecto? Pois achégate á 2ª Feira de Stocks e Artesanía a vindeira semana porque temos a combinación perfecta: cultura, sabor e o mellor ambiente de Arzúa. 

Este domingo 29 de marzo, agardámoste no Multiúsos Terra do Queixo para un Vermú Literario de luxo!
Presentamos «Mazarelos», a nova e fascinante obra de Manuel Portas, que estará acompañado por Jose Manuel Pampín; o coordinador do Clube de lectura municipal «Arzúa Le».
Ao término do coloquio o autor pasará a facer sinaturas do libro, que poderedes atopar nos stands de Librería Os Picariños e Anagrama Librería presentes na feira.
Será unha viaxe polas nosas letras que non te quererás perder.
Pero espera, que hai máis… 

13:00h. Cata comentada do vermú Lodeiros:
Despois da presentación e tras a sinatura do libro de Manuel Portas, pasaremos ao pracer sensorial de orixe arzúan coa Cata do Vermú Lodeiros, galardonado recentemente nun certame internacional como un dos mellores do mundo 


O domingo mergullarémonos nunha cata comentada por Pablo Lodeiros; CEO de Bodegas Lodeiros que non te podes perder, e cunha maridaxe estrela; con Queixo DOP Arzúa-Ulloa da Queixería Barral. Coa colaboración de Bodegas Lodeiros e de Queixería Barral.


Descubre un dos mellores vermús do momento,
o de Bodegas LODEIROS:

Luis Lodeiros e Pablo Lodeiros (3a e 4a xeración de adegueiros respectivamente)
É moi sinxelo, envía antes do 28 de marzo un WhatsApp ao número de AECA: 636 041 693 co texto:
«Vermú Literario» + O teu nome.
Vémonos na Feira para brindar pola cultura e o comercio local! 

Colaboran:
@bodegaslodeiros
@galaxiaeditorial
@manuel_portass
@jmpampinv
@libreriaanagrama
@ospicarinhos
@iriscomunica.agencia
@arzualee
17:00 – 18:30 OBRADOIROS DE MANUALIDADES con Biosbardos Animación:
Creatividade, cor e moita imaxinación para que os máis pequenos leven para casa as súas propias creacións ✂️🎨✨
💚 Un plan perfecto para gozar en familia, aprender xogando e crear recordos únicos!
👉 Non o pensedes… traede ás crianzas e deixade que a ilusión aconteza!
19:00 h. – Espectáculo de humor e ilusionismo co MAGO RAFA

Arzúa, prepárate para vivir esta fin de semana «Experiencias en familia»… ✨🎟🎩
O domingo 29 chega ao Multiúsos Terra do Queixo o espectáculo do Mago Rafa @magorafa : ✨
Un show de maxia divertido, sorprendente e moi participativo, onde nenos e adultos non só miran… ¡viven a maxia en primeira persoa!
Momentos incríbles e moitas risas nun espectáculo pensado para disfrutar en familia 🎉
Achégate, e non esperes ao último momento para asegurar un asento!
🎟️ Entrada libre ata completar aforo.
Actividade subvencionada polo Concello de Arzúa @concellodearzua , dentro da programación da 2a Feira de Stocks e Artesanía organizada por AECA, para a dinamización do CCA Arzúa, coa cofinanciación da Xunta de Galicia @comerciogalego
20:00 h. – Sorteo presencial de 300€ en vales de compra 

Os días 28 e 29 de marzo, cada vez que lle merques a un comerciante asociado a AECA na Feira de Stocks e Artesanía, levarás unha rifa para un sorteo de 300€ en vales de compra. 

Así de fácil: compras, disfrutas e… quen sabe? Pode que volvas para casa co peto máis cheo! 
A túa compra pode ter premio!
Aquí podes consultar as bases de participación no sorteo: BASES SORTEO 2a FEIRA DE STOCKS E ARTESANÍA
20:30 h. – Peche da feira

Organiza: Aeca Asoc Empresarios
Cofinancia: Xunta de Galicia e Concello de Arzúa para a dinamización do Centro Comercial Aberto de Arzúa – Comercio galego
E chegou o momento dos agradecementos, porque para grandes metas precísase ter grandes aliados!!
Grazas por formar parte de este proxecto e grazas polo voso apoio na organización de esta feira!! 

@borborinoxeados
@levelsmelide
@churreriacamporrapado
@biosbardos
@attic_music attic
@manuel_portass
@jmpampinv
@bodegaslodeiros
@queixeria_barral Queixería Barral
@magorafa
@arzugrafica
@us_eventos
@iriscomunica.agencia
@total24seguridad
