Campaña da VOLTA AO COLE 2019
Aproxímase a Campaña da VOLTA AO COLE, e este ano AECA decideu poñer en marcha un proxecto filantrópico mediante unha axuda económica outorgada a Cáritas de Arzúa; para que canalice dita donación ás familias máis desfavorecidas do pobo; a través de mercas efectuadas no Centro Comercial Aberto de Arzúa para colaborar na necesaria equipación escolar de nenos en situación de vulneravilidade.
Dende a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa queremos agradecer aos coordinadores de Cáritas Arzúa a súa disposición para xestionar esta acción social.