O Presidente de AECA participa na entrega de premios dos días azuis edición outono 2019
Entrega de premios ás clientas do CCA de Arzúa premiadas polos días azuis Edición Outono 2019
O Presidente da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa AECA participou o pasado martes 12 de novembro na entrega de premios dos días azuis na súa edición outono.
Nesta ocasión Diego José Valiño Rodríguez recollía en nome da afortunada Laura López Amboage un premio de 150€ que recaeu no Centro Comercial Aberto de Arzúa; concretamente foi unha merca efectuada en Calzados Iglesias.
Ana Isabel Rico foi outra das afortunadas que, mercando nunha tenda asociada de Arzúa, gañou un premio dos días azuis valorado en 300€ para volver canxear no comercio de proximidade.
Esta merca premiada fora rexistrada en Lage Moda.
A entrega dos Días Azuis do Comercio Galego, tivo lugar, ás 19.30 horas, na Capilla do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela.
Neste acto fíxose entrega dos 16.200 euros en premios, repartidos en tarxetas prepago de 300 e 150 euros ós gañadores desta campaña de dinamización do comercio de proximidade de Galicia que se desenrolou entre o 1 e o 20 de outubro.
O acto estivo presidido polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol María Vázquez Abeal; o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director de Banca de Particulares de ABANCA, Manuel Nogueira Fernández.
Tamén asistiron, á marxe dos premiados, os presidentes das Federacións Provinciais de Comercio e directivos das distintas asociacións de comerciantes participantes nesta campaña.