ENTROIDO 2025





Ide argallando uns traxes ben chulos e orixinais porque celébrase o X CONCURSO DE DISFRACES POLOS BARES ASOCIADOS no cal se sortean grandes premios:













Para participar só tedes que sacar unha foto co voso disfrace no interior dalgún bar asociado inscrito e subila ao facebook etiquetando a Aeca Asoc Empresarios ou ben no Instagram de AECA etiquetando a @asoc_empresarios_aeca ; e teredes que rexistrar a visita no local no que vos encontredes. Podedes etiquetar ao bar ou hostaleiro/a, ou ben engadir un hashtag # co nome do local no que estedes a consumir e participar como clientes.
O xurado de este concurso, como novidade, estará composto únicamente polo conxunto dos socios hostaleiros de AECA, quenes determinarán coas súas votacións o gañador de cada modalidade. É decir, nesta edición xa non se contabilizarán os «me gustas» obtidos nas publicacións a través das redes sociais.
Aquí podedes consultar o listado de bares asociados inscritos no concurso:

Esperámosvos! O Sábado pola tarde ademáis contaremos coa animación da marchosa Charanga Os Kokakolas quenes faran un roteiro polos bares inscritos onde poderedes participar e troulear 








– Actividade organizada pola Asociación de Empreasarios da Comarca de Arzúa coa colaboración dos distribuidores locais:
J.V. Distribucións