Sign In

Noticias

Últimas Noticias
HO HO HO RAPAZADAAA !!! O SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL ESPÉRAVOS UN ANO MÁIS NO CCA ARZÚA

HO HO HO RAPAZADAAA !!! O SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL ESPÉRAVOS UN ANO MÁIS NO CCA ARZÚA

🎅📯 HO-HO-HOOO RAPAZADAAA ‼️ Chega o Nadal un ano máis e AECA quere que os clientes máis cativos do seu CCA sigan sendo os protagonistas da súa campaña ‼️
🎅 O sorteo CARTA A PAPÁ NOEL xa está en marcha, e tódolos nosos comerciantes asociados están a esperarvos para que recollades a carta para escribirlle a Papá Noel 👏👏. Será aquí no Centro Comercial Aberto de Arzúa; en calqueira tenda asociada a AECA 🛍 📨👍
🎅 Ao mercar en calquera comercio asociado conseguiredes a postal da AECA edición Nadal 2023 para escribirlle a Papá Noel e ademáis poderedes participar no SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL ‼️
🎅 Para participar tan só tedes que depositar a postal da AECA no buzón da Casiña de Papá Noel situada na Praza de Galicia en Arzúa, onde terá lugar a recepción de Papá Noel o 23 de decembro.
Atentos ás BASES DE PARTICIPACIÓN 👇
📌 Tan só os menores de 12 anos poderán participar de éste sorteo presencial no cal a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa repartirá 30 estupendos agasallos. O Sorteo CARTA A PAPÁ NOEL será presencial, no interior do multíúsos o vindeiro 23 de decembro a partires das 19:30h.; ao remate da Festa de Papá Noel.
📌 Só serán admitidas no sorteo CARTA A PAPÁ NOEL as postais modelo AECA edición 2023 conseguidas en algún local asociado, e depositadas antes das 19 h. do 23 de decembro no buzón da CASIÑA DE PAPÁ NOEL instalada na Praza de Galicia en Arzúa.
📌 Aqueles nen@s que cumpran coas presentes bases, cubran a postal correctamente co seu nome completo e idade, e a depositen no citado punto de recollida contarán coa súa participación neste sorteo.
📌 Cada nen@ tan só poderá ser premiad@ cun único agasallo; é decir, non se aceptará un segundo premio por nen@.
E sobra decir, que a Papá Noel escribríbeselle unha única vez por ano😅
📌 Os nenos que resulten premiados deberán estar presentes no momento do sorteo para recoller o agasallo. No caso de resultar agraciado e estar ese neno ausente, daráse por feito que renuncia ao premio, e procederáse a sacar outra postal, así ata rematar de repartir todos os agasallos entre os participantes presentes.
ℹ️ Cláusula informativa:
A correspondente cumprimentación dos datos persoais na postal SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL implica a conformidade por parte dos pais/tutores legais do menor, no tratamento dos mesmos por parte da AECA, con fins de promocións comerciais na campaña de nadal 2023. Así mesmo, o nome e as imaxes dos menores premiados durante a Festa de Papá Noel poderán ser publicados nas redes sociais e na páxina web da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.
A participación neste sorteo implica a total aceptación das bases depositadas en A.E.C.A.
Onde mercar para participar ?? Pois buscade ésta cartelería exposta nos escaparates e saberedes cales son os comercios asociados a AECA que vos poden facilitar a postal para participar no sorteo CARTA A PAPÁ NOEL 🎅 👇

Relacionados