Sign In

Noticias

Últimas Noticias
IX CONCURSO DE DISFRACES POLOS BARES ASOCIADOS A AECA

IX CONCURSO DE DISFRACES POLOS BARES ASOCIADOS A AECA

 

🎭🎉 AECA CONVOCA A IX EDICIÓN DO CONCURSO DE DISFRACES POLOS BARES ASOCIADOS 🎉🎭
📣 O 9, 10 e 11 de febreiro vide desfrutar do entroido polos locais de hostalería de ARZÚA ‼️ 
Ide preparando o voso mellor disfrace e sumádevos á troula, porque a AECA organiza a IX edición do CONCURSO DE DISFRACES POLOS BARES ASOCIADOS e hai premios en xogo:
📌 Modalidade grupo(+3 ) ou comparsa: un bono agasallo valorado en 5️⃣0️⃣0️⃣€ + 1 súper lote de Estrella Galicia 🍻
📌 Modalidade individual ou en parella: un bono valorado en 5️⃣0️⃣€ + 1 lote de Estrella Galicia 🍻  
Para participar só tedes que sacar unha foto co voso disfrace no interior dalgún bar asociado inscrito e subila ao facebook etiquetando a Aeca Asoc Empresarios ; rexistrando a visita no local no que vos encontredes ou etiquetando ao hostaleiro/a.
Aquí podedes consultar o listado de bares asociados inscritos no concurso:
O xurado popular do perfil do facebook de AECA (Aeca Asoc Empresarios) será quen determine aos gañadores; sendo as publicacións que máis ME GUSTAS acaden en cada modalidade as premiadas do concurso.
O prazo para acumular votos rematará ás 24:00 h. do domingo día 11, momento no cal se fará público o fallo do xurado popular.
Durante a fin de semana haberá degustación de tapas de entroido de balde, e para dar comezo ao concurso, o venres día 9, a partires das 8 da tarde contaremos con animación musical a cargo da CHARANGA OS KOKAKOLAS; que farán un percorrido polos bares inscritos.
Compoñentes da Charanga OS KOKAKOLAS de Vila de Cruces
Animádevos a participar; os hostaleiros da AECA queren celebrar o entroido con vós
Este #entroido a festa está asegurada, esperámosvos en Arzúa‼️
– ACTIVIDADE COFINANCIADA POLO CONCELLO DE ARZÚA – COLABORA ESTRELLA GALICIA –
🍻🎭🎉🎊🥁🎷🎺🎶🎵

 

 

 

BASES IX EDICIÓN CONCURSO DE DISFRACES POLOS BARES ASOCIADOS A A.E.C.A. (ENTROIDO 2024)

1ª. A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa con motivo da celebración do Entroido convoca o IX CONCURSO DE DISFRACES que terá lugar polos bares asociados inscritos. Será dende o venres 9 de febreiro ás 18h. ata o domingo día 11 ás 24:00 h.

2ª. Poderá participar calquera persoa maior de idade, ou menor acompañado dun adulto. Os participantes deberán acudir disfrazados a algún dos locais asociados inscritos no prazo establecido e en calidade de clientes, os cales terán dereito á degustación dunha tapa pola consumición no horario habitual dos aperitivos do mediodía ou da noite.

3ª. Estando no interior dun local inscrito os clientes participantes terán que fotografiarse de modo que amosen ben o disfraz e se recoñeza cal é o bar asociado, para despois colgar a imaxe na páxina de Facebook: “Aeca Asoc Empresarios” a partires das 18h. do venres e antes das 24:00h. do domingo 11 de febreiro.

4ª. O xurado popular do Facebook será quen determine aos gañadores nas dúas categorías que se establecen a continuación:

Modalidade 1: individual ou parella

Modalidade 2: grupo ou comparsa

5ª. Os participantes que máis me gustas obteñan antes do lúns 12 de febreiro en cada categoría, serán os gañadores dos seguintes premios:

Categoría individual ou parella: 1 xantar/cea valorada en 50€ a desfrutar nun local hostaleiro asociado a A.E.C.A. e 1 lote de produtos Estrella Galicia

Categoría grupo ou comparsa: 1 bono de 500€ e 1 súper lote de produtos Estrella Galicia.

6ª. En caso de empate nalgunha das categorías, os representantes de AECA serán quenes valoren e determinen os gañadores sendo éste un fallo inapelable.

7ª. AECA dará a coñecer aos gañadores a través da súa páxina de facebook o día 12 de febreiro, e cando chegue o momento faránse públicas as imaxes da entrega dos premios.

8ª. Unha mesma persoa non poderá participar en ambas modalidades. E tan só se terá en conta unha fotografía por cada participación; que deberá estar etiquetada na biografía de “Aeca Asoc Empresarios”. Tamén debe aparecer o nome do bar na publicación; rexistrando a visita, ou etiquetando ao hostaleiro, ou ben poñendo un hashtag # co nome do bar onde se fixo a foto participante.

9ª. Así mesmo AECA resérvase o dereito de declarar os premios desertos por falta de calidade nos disfraces ou por incumprimento das bases. A organización poderá tomar calquera decisión con respecto as presentes bases de xurdir algunha dúbida ou cuestión.

10ª. A participación neste concurso implica a total aceptación de éstas bases depositadas en A.E.C.A.

Relacionados