Sign In

Noticias

Últimas Noticias
O Centro Comercial Aberto de Arzúa celebra o San Valentín con sorteo de premios e serenatas rancheras

O Centro Comercial Aberto de Arzúa celebra o San Valentín con sorteo de premios e serenatas rancheras

Os comercios do CCA Arzúa celebran o San Valentín a golpe de premios e ao son de mariachis para impulsar o consumo local.

Arzúa, 29 de xaneiro de 2025.

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) dará comezo este sábado día 1 á campaña “FELIZ DÍA DOS NAMORADOS” con motivo da celebración do San Valentín 2025, para o fomento do consumo no CCA Arzúa e a fidelización dos seus clientes.

A campaña comercial “FELIZ DÍA DOS NAMORADOS”, que se prolongará ata o sábado 15 febreiro traerá un sorteo de premios e animación músical ao ritmo de serenatas mariachis polo Centro Comercial Aberto de Arzúa.

Entre tódolos tíckets de compra rexistrados durante a campaña sortearanse 2 premios, consistentes en 2 ceas románticas para dúas persoas a desfrutar en calquera local hostaleiro asociado. Como en anteriores edicións, o xeito de participar neste sorteo será moi sinxelo; tan só haberá que rexistrar na urna de AECA habilitada en tódalas tendas, os tíckets de compra por importe superior a 15€, anotando no seu reverso o nome e o teléfono de contacto do cliente.

Ademáis, haberá animación musical a cargo da banda “WILLINGTON MARIACHI”, quenes faran un roteiro polas zonas mais comerciais de Arzúa para deleitar a comerciantes, clientes e visitantes do centro comercial aberto cun romántico repertorio de serenatas rancheras. Será o vindeiro venres 14, día de San Valentín, a partires das 6 da tarde.

Dende o colectivo de AECA animan a celebrar o amor co comercio e coa hostalería local, pero non só o amor romántico; senon tamén outras expresións de afecto con familiares ou amigos. Obsequiar polo DÍA DOS NAMORADOS é unha boa oportunidade para fortalecer vínculos con alguén ao mesmo tempo que impulsamos a economía local; apoiando aos nosos comerciantes veciños. 

O desenrolo da campaña poderá seguirse a través das redes sociais de A.E.C.A.:

Facebook:@aeca.aeca.79

Instagram: @asoc_empresarios_aeca 

Tik Tok: @cca.arzua.aeca

BASES DE PARTICIPACIÓN SORTEO FELIZ DÍA DOS NAMORADOS:

(A celebrar o 18/02/2025 en directo dende Radio Arzúa)

Primeira.

O sorteo “FELIZ DÍA DOS NAMORADOS” convocado e organizado por AECA con motivo do SAN VALENTÍN ven repartir 2 premios co obxectivo da incentivación comercial do CCA Arzúa a da fidelización dos seus clientes:

  • PREMIO 1: Unha cea para dúas persoas valorada en 60€

  • PREMIO 2: Unha cea para dúas persoas valorada en 60€

Os premios a sortear, consistentes en 2 ceas para dúas persoas valoradas en 60€ cada unha, poderán ser desfrutadas en calquera local hostaleiro asociado a AECA, segundo a preferencia da persoa premiada.

Os clientes para participar do sorteo deberán efectuar algunha merca no CCA Arzúa durante o período da campaña cumprindo coas presentes bases.

O sorteo efectuarase extraendo 2 tíckets premiados de entre tódolos rexistrados nas tendas de AECA durante esta promoción e segundo se establece nas presentes bases.

Segunda.

Poderá participar neste sorteo calquera persoa maior de idade que rexistre unha merca en calquera comercio do CCA de Arzúa por valor superior a 15€ e con data comprendida dende o día 1 de febreiro ata o 15 de febreiro de 2025 (ambos días inclusive).

Terceira.

Para levar a cabo o rexistro das mercas estará disposta a urna da AECA no mostrador de cada comercio asociado, onde será depositada unha copia do tícket de merca co nome completo e o teléfono de contacto do participante ben lexible no seu reverso.

Cuarta.

Se sae premiado un tícket con data fóra do prazo establecido, ou cun importe que non alcance o importe mínimo, quedará invalidado no mesmo momento do sorteo e extraerase outro tícket.

Quinta.

Non está permitido acumular varios tíckets por importe inferior a 15€ para conseguir unha participación no sorteo e unha mesma persoa poderá rexistrar tantas mercas como desexe durante esta campaña comercial, pero non poderá ser a gañadora de máis dun premio.

Sexta.

O sorteo será celebrado en directo dende a emisora municipal Radio Arzúa o 18 de febreriro de 2025. Unha vez sexan avisados os premiados telefónicamente e éstos acepten as condicións do canxeo do premio, terán unha data límite dun mes dende a data do sorteo para o desfrute do mesmo, momento no cal os premios caducarán (18/03/2025)

Séptima.

Será necesaria a recollida de datos persoais para levar a cabo o sorteo, e a operativa da entrega dos premios, respetando a normativa aplicable en materia de Protección de Datos de carácter persoal. Os titulares dos datos proporcionados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitindo un escrito acompañado dunha fotografía do seu DNI, dirixido ao CCA de Arzúa (AECA), con enderezo no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1, 1º. 15810 Arzúa ( A Coruña), coa referencia “Protección de Datos” Sorteo FELIZ DÍA DOS NAMORADOS.

Oitava.

Os gañadores do sorteo ceden, nos términos legais necesarios, os dereitos de imaxe das fotografías que se tomen na recepción do premio outorgado por AECA.

A participación neste sorteo implica a total aceptación das presentes bases depositadas en A.E.C.A.

Relacionados