OS DÍAS BRANCOS DO COMERCIO ADIANTAN AS REBAIXAS DE VERÁN CON MOITOS SORTEOS E 800 PREMIOS DIRECTOS
Arzúa adianta as rebaixas de verán cos DÍAS BRANCOS DO COMERCIO; unha campaña que ven fidelizar aos clientes do comercio local de AECA con moitos sorteos e 800 premios directos
Arzúa, 23 de xuño de 2025. A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza a campaña de dinamización comercial DÍAS BRANCOS DO COMERCIO que terá lugar do 25 ao 27 de xuño. A campaña desenvolverase en 19 tendas asociadas participantes do Centro Comercial Aberto de Arzúa no seu horario habitual. Estas xornadas comerciais extraordinarias teñen por obxectivo impulsar as vendas da colección do verán no inicio da tempada de rebaixas e fidelizar aos seus clientes, así como atraer a novos consumidores ao CCA Arzúa.
Durante a campaña, os comercios inscritos ofrecerán diversas vantaxes polas súas mercas: significativos descontos directos e promocións especiais “DÍAS BRANCOS”, así como participacións en diversos sorteos de vales de compra e/ou obsequios en tenda. Ademáis, para fidelizar aos clientes pola súa preferencia, AECA repartirá ata 800 premios directos ás primeiras compras da campaña por importe superior a 50€. Este premio directo consistirá nun estupendo sombreiro promocional que o cliente poderá lucir durante o verán, evidenciando así que se trata dun consumidor/ra empoderado/a do comercio local de Arzúa ao ter elexido un gasto responsable; que prioriza a calidade, a sostibilidade e que repercute positivamente na súa comunidade e no seu entorno.
As tendas participantes; maioritariamente de moda, calzado e complementos son as seguintes: ARROUPADIÑOS, BOUTIQUE ANDURIÑA, CALZADOS IGLESIAS, CAROLA MODA, CEMPÉS, DEPORTES LÓPEZ, EUROPA ASIA, ESTRENAS ZAPATERÍA, LAGE MODA, LENY, MD LENCERÍA & FOGAR, MI TATA, MÍA MARÍA STORE, MISS ZAPATOS, MODA ANA, MODA SARI, NOVAVISIÓN ÓPTICA, ÓPTICA ABAL e SPORT MODA.
Durante os DÍAS BRANCOS tódolos locais participantes estarán identificados co cartel da campaña, así como con globoflexia na entrada do local. Ademáis os comerciantes incorporarán decoracións temáticas nos seus escaparates e/ou no outfit do persoal das tendas, na cal predominará a cor branca; facendo así un guiño á actividade organizada.
Dende o colectivo empresarial animan aos veciños da comarca así como aos visitantes a apostar polo comercio de proximidade nesta tempada de rebaixas, xa que é a a única opción de consumo que garantiza unha boa experiencia de compra polo seu bo servizo e a calidade dos seus produtos. A organización da AECA non duda en que os consumidores aproveitarán esta gran oportunidade para adquirir artículos de primeiras marcas a prezos vantaxosos, beneficiarse das participacións nos sorteos e facerse co obsequio de este verán.
Esta actividade organizada por AECA para a dinamización e promoción do CCA Arzúa conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.
Na seguinte ligazón podes consultar as BASES DE PARTICIPACIÓN da actividade:
Bases de participación Días Brancos do comercio 2025
INFORMACIÓN DE TODAS AS PROMOCIÓNS QUE OFRECEN AS TENDAS PARTICIPANTES NOS DÍAS BRANCOS DO COMERCIO 2025:
ARROUPADIÑOS: 20% DTO. en colección de tempada. DTOS. de ata o 70% en artículos seleccionados. Sorteo dun vale regalo de 50€.
BOUTIQUE ANDURIÑA: 20% DTO. en colección de tempada. Saldos a partires de 15€ con descontos do 40%, 50% e de ata un 60%. Sorteo dun agasallo sorpresa.
CALZADOS IGLESIAS: REBAIXAS en sandalias e zapato de festa e nas marcas Gant, Wonders, Hey Dude, Panamá Jack, Scalpers e Hispanitas. Sorteo dun bolso Hispanitas.
CAROLA MODA: 20% DTO. en colección de tempada. Sorteo dun agasallo sorpresa.
CEMPÉS: 20% DTO. en bolsos e complementos.
DEPORTES LÓPEZ: DO 15% DTO. ao 70% DTO. Sorteo dun vale regalo de 50€.
EUROPA ASIA: 15% DTO. en textil. Agasallo doce coas mercas superiores a 50€.
ESTRENAS ZAPATERÍA: 15% DTO. en bolsos de rafia, 20% DTO. en colección de tempada e promocións especiais de ata o 70% DTO. (exclúense da promoción complementos de praia e bisutería). Sorteo dun vale regalo de 50€.
LAGE MODA: 20% DTO. na colección da tempada. Agasallo sorpresa coas mercas superiores a 50€.
LENY MODA: LIQUIDACIÓN TOTAL POR PECHE. Sorteo dun xogo de toallas.
MD LENCERÍA E FOGAR: 20% DTO. en nova colección de baño. Selección de pixamas en promoción a 19,95€. Sorteo dun vale regalo de 50€.
MÍA MARÍA STORE: 1 prenda 10% DTO. – 2 prendas 15% DTO. – 3 prendas 20% DTO. Sorteo de 3 bonos: 1 de 30€, 1 de 50€ e 1 de 100€ (participación con merca superior a 20€).
MISS ZAPATOS: 15% DTO. en sandalias, 20% DTO. en calzado cerrado e deportivos. Variadas promocións de ata o 40%. Sorteo dun vale regalo de 50€.
MI TATA: Todo en rebaixas a 10€/15€/20€/30€. 15% DTO. en nova colección. Sorteo 2 tarxetas regalo cun 50% de DTO. para unha próxima compra.
MODA ANA («Tenda das de Burres»): 10% DTO. en toda a colección, excepto paquetería, fogar e determinadas prendas. Sorteo de 3 paños de cociña.
MODA SARI: 20% DTO. na colección da tempada. Saldos, con DTOS. de ata o 70% nas últimas tallas. Sorteo dun vale regalo de 50€ (participación con merca superior a 25€)
NOVAVISION ÓPTICA: 10% DTO. en gafas de sol. Zona Outlet con gafas de sol en liquidación. Sorteo dunha barbacoa coas compras superiores a 15€.
ÓPTICA ABAL: 20% DTO. en todas as monturas tanto de sol como de graduado. Agasallo directo dunha toalla coas mercas superiores a 50€.
SPORT MODA: DTOS. do 30% ao 60%. Sorteo dun vale regalo.