Sign In

Noticias

Últimas Noticias
SORTEO DE MERCAS GRATIS NO CCA DE ARZÚA POLA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI

SORTEO DE MERCAS GRATIS NO CCA DE ARZÚA POLA CAMPAÑA DO DÍA DA NAI

Se mercas no CCA de Arzúa do 10 ao 30 de abril a túa merca pode saírche gratis !!

Este sábado 10 de abril comeza a campaña de dinamización comercial SORTEO DÍA DA NAI organizada pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa e na cal participarán de xeito gratuíto tódolos establecementos comerciais asociados a AECA.

Sortearanse un total de 5 mercas gratis de entre todas as rexistradas do 10 ao 30 de abril que cumpran coas bases da convocatoria e foran efectuadas en algún dos establecementos pertencentes a AECA .

O sorteo DÍA DA NAI terá lugar en directo a través de radio Arzúa o 04/05/2021.

Os  5 clientes gañadores recibirán como premio o importe da sua merca, cun reembolso máximo por compra de 100€; importe que deberá ser canxeado en calqueira dos establecementos hostaleiros asociados.

AECA convoca este sorteo co obxectivo de incrementar o importe das vendas durante a campaña, para fidelizar aos clientes e para lembrar que o primeiro domingo de maio é o DÍA DA NAI; unha data moi sinalada para agasallar, e unha boa ocasión para promocionar a gran variedade de produtos que ofrece o noso Centro Comercial Aberto de Arzúa.

Os establecementos teran exposta no mostrador do local a urna de AECA durante toda a campaña co obxecto de rexistrar as mercas dos participantes no sorteo.

Na urna iran depositándose as copias dos tíckets das mercas que alcancen un gasto mínimo de 15€, anotando no reverso o nome completo e teléfono do cliente para poder avisalo no caso de resultar agraciado no sorteo.

 

 

 

BASES DE PARTICIPACIÓN NO SORTEO DÍA DA NAI ORGANIZADO POR A.E.C.A.:

Primeira.

Este sorteo convocado e organizado por AECA con motivo do DÍA DA NAI consiste no sorteo de 5 mercas gratis no Centro Comercial Aberto de Arzúa.

Serán 5 o número de clientes premiados de entre tódalas mercas rexistradas durante esta campaña que cumpran coas presentes bases.

O sorteo terá lugar o 04/05/2021 en directo a través de Radio Arzúa.

Segunda.

Poderá participar neste sorteo calquera persoa maior de idade que rexistre unha merca, no CCA de Arzúa ou en calquera outro establecemento comercial asociado a AECA , por valor de alo menos 15€ e que sexa efectuada dende o día 10 ata o 30 de abril de 2021 (ambos días inclusive).

Para levar a cabo o rexistro das mercas estará disposta a urna da AECA no mostrador dos locais asociados, onde será depositada a copia do tícket de merca co nome completo e teléfono de contacto do participante.

Se sae premiado un tícket coa data fóra do prazo establecido, ou cun importe inferior a 15€ quedará invalidado no mesmo momento do sorteo e sacarase outro tícket.

O importe mínimo de gasto é de 15€ por tícket; non estando permitido acumular o valor de varios tíckets para conseguir unha participación no sorteo.

Unha mesma persoa poderá rexistrar tantas mercas como desexe pero non poderá ser a gañadora de máis dun premio.

Terceira.

Os 5 clientes gañadores serán avisados telefónicamente e recibirán de premio o importe equivalente á merca gañadora efectuada cun reembolso máximo de ata 100€.

Non obstante, o desfrute do premio ven establecido da seguinte maneira por AECA: o premio deberá ser destinado ao consumo no sector hostaleiro asociado.

Así pois, os 5 premios outorgados por AECA serán obrigatoriamente canxeados en calquera dos establecementos hostaleiros asociados a AECA no prazo dun mes dende a data do sorteo.

Cada gañador para reclamar o seu premio estará obrigado previamente a xustificar o gasto; presentando na sede da AECA tíckets de consumo de locais hostaleiros pertencentes a AECA con data posterior ao sorteo do DÍA DA NAI, por importe igual ou superior ao valor do premio, para recibir o abono según lle corresponda. O prazo para reclamar os premios rematará o 4 de xuño de 2021.

Cuarta.

Será necesaria a recollida de datos persoais para levar a cabo o sorteo, e a operativa da entrega dos premios, respetando a normativa aplicable en materia de Protección de Datos de carácter persoal. Os titulares dos datos proporcionados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitindo un escrito acompañado dunha fotografía do seu DNI, dirixido ao CCA de Arzúa (AECA), con enderezo no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1, 1º. 15810 Arzúa ( A Coruña), coa referencia “Protección de Datos” Sorteo día da nai 2021.

Quinta.

Os gañadores do sorteo ceden, nos términos legais necesarios, os dereitos de imaxe das fotografías que se tomen na recepción do premio outorgado por AECA.

Sexta.

A participación neste sorteo implica a total aceptación das presentes bases depositadas en A.E.C.A.

Relacionados