Sign In

Noticias

Últimas Noticias
Tras unha fusión con ÁBACO ASESORES dámoslle a benvida a FISELA – GRUPO FSL

Tras unha fusión con ÁBACO ASESORES dámoslle a benvida a FISELA – GRUPO FSL

Dende a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa dámoslle a benvida a unha nova empresa asociada; Asesoría & Servicios Jurídicos FISELA
A partires da fusión con ÁBACO ASESORES presentámosvos a FISELA – GRUPO FSL, unha nova empresa que ven de establecerse en Arzúa recentemente e de incorporarse ademáis a A.E.C.A.
Esta entidade, con sede en Santiago de Compostela e agora tamén na vila de Arzúa, ofrece un servizo integral para autónomos, empresas e particulares á vangarda da consultoría 👩🏻‍💻👨‍💼📊 ⚖️☑️
Asesorarán á túa empresa como propia; dun xeito tan profesional como cercano e co mesmo compromiso de sempre.
Este grupo conta ademáis con todas as especialidades:
– Laboral, fiscal e contable
– Servizo xurídico
– Axudas e subvencións
– Márketing dixital
– Xestión de riscos
– Transformación dixital
– Formación
– Xestión financeira
– …
Xa se poden visitar as súas oficinas en Arzúa:
📌 Rúa de Lugo, 21, 1º. 15810 Arzúa
🕰 Horario dende xuño a setembro:
De 08:00h. a 15:00h., de lúns a venres.
🕰 Horario dende outubro a maio:
De 08:00h. a 18:00h. ininterrompidamente, de lúns a venres.
📞 Tel. 981 500 777
📧 clientes@grupofsl.es

Relacionados