FÓRA STOCKS NO CCA ARZÚA AO MELLOR PREZO E ATA FIN DE EXISTENCIAS
Dende o 28 de febreiro AECA puxo en marcha a campaña FÓRA STOCKS no centro comercial aberto de ARZÚA para impulsar as compras no comercio local; o que permitirá sacar o stock dos almacéns e axudará a liquidar as mercadorías que quedan en tenda desta tempada e doutras anteriores; especialmente nas do sector de produtos de equipamento persoal como son calzado e roupa.
Ésta iniciativa lévase a cabo no horario comercial habitual nas tendas asociadas participantes a partires do día 28 de febreiro e ata fin de existencias.
Os comercios inscritos ofrecen os seus produtos en stock ao mellor prezo, chegando nalgúns casos ata un prezo límite do 70% de desconto.
O obxectivo de ésta actividade é atraer ao consumidor ao CCA Arzúa con interesantes ofertas en produtos de calidade e de primeiras marcas, para animalos a que saian á caza das gangas coma se nunha feira de oportunidades se tratara.
O produto local multimarca caracterizouse sempre pola súa excelente calidade, e durante o FÓRA STOCKS ademáis os prezos inmellorables serán un reclamo añadido.
Esta campaña comercial ven darlle o broche final ás rebaixas de inverno; cunha chea de descontos incríbles nos “ÚLTIMOS DÍAS” de liquidación total.
Os comercios para promocionar a campaña contan cunha vistosa cartelería exposta no seu escaparate durante estas xornadas, así os consumidores poden diferenciar fácilmente aos locais asociados participantes que son os seguintes:
ARROUPADIÑOS
BOUTIQUE ANDURIÑA
CALZADOS IGLESIAS
CAROLA MODA
DEPORTES LÓPEZ
ESTRENAS ZAPATERÍA
LAGE MODA
MD LENCERÍA E FOGAR
MI TATA
MISS ZAPATOS
MODA SARI
NOVAVISIÓN ÓPTICA
SPORT MODA DEPORTES
VADI MODA