Sign In

Noticias

Últimas Noticias
AECA organiza o SHOWROOM NO CAMIÑO para descubrir as tendencias de moda para este inverno

AECA organiza o SHOWROOM NO CAMIÑO para descubrir as tendencias de moda para este inverno

O “SHOWROOM NO CAMIÑO” organizado por AECA descubrirá as tendencias de moda da tempada de inverno e moitas propostas con encanto para lucir este Nadal.

Arzúa, 5 de novembro de 2024. A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) organiza un evento social de moda en formato showroom para dinamizar o comercio local e achegar o encanto das novas tendencias aos veciños da comarca e demáis visitantes. O evento terá lugar o sábado 23 de novembro pola tarde na antiga Casa de Correos, ao seu paso polo Camiño de Santiago, onde comerciantes do Centro Comercial Aberto de Arzúa presentarán en exclusiva avances da colección de inverno e unha coidada selección de prendas, complementos e calzado que non deixarán indiferente ao público.

Este evento de moda estará centrado na presentación de propostas de moda para lucir durante as festividades do Nadal, ocasións como poden ser en ceas con amigos, encontros de empresa ou reunións familiares. De modo que cada tenda participante expoñerá unha coidada mostra de prendas coas que triunfar nestas datas tan especiais.

O SHOWROOM NO CAMIÑO vai máis alá dunha simple exposición de moda. A través de esta actividade AECA pretende dar a coñecer o comercio local a potenciais novos clientes, convertendo ademáis a sala de exposicións nun espazo de interacción e de confianza co público, onde poder xerar vendas e fortalecer a relación coa clientela creando vínculos de amizade.

A celebración de esta mostra suporá un punto de encontro no cal se darán cita personalidades afeccionadas ao mundo da moda como bloggers fashionistas, influentes ou modelos profesionais da zona interior de Galicia que foron convidados a este evento.

Ven coñecer as novas tendencias para o vindeiro inverno en Arzúa e desfruta de este evento social de moda!

Información práctica:

Data: sábado 23 de novembro

Lugar: Casa de Correos, c/Dores nº3. Arzúa (Acceso polo xardín)

Horario: tarde (17h. – 20h.)

Entrada: libre

#showroomnocamiño

Relacionados