Sign In

Noticias

Últimas Noticias
AECA PRESENTA A CAMPAÑA DE NADAL 2025

AECA PRESENTA A CAMPAÑA DE NADAL 2025

AECA presenta un Nadal cheo de actividades, ilusión e premios para dinamizar o comercio local en Arzúa

Arzúa, 02/12/2025 – A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) pon en marcha un amplo programa de actividades de Nadal co obxectivo de encher as rúas de ambiente festivo, apoiar o comercio de proximidade e ofrecer propostas pensadas para as familias.

Este ano, Arzúa converterase de novo nun punto de encontro durante o mes de decembro grazas a iniciativas que combinan tradición, diversión e promoción do comercio local.

A Casita de Papá Noel: O corazón do Nadal en Arzúa


A máxica Casiña de AECA, situada na Praza de Galicia, será un dos espazos máis especiais deste Nadal.

A recepción de Papá Noel celebrarase o martes 23 de decembro, nun ambiente decorado para que as familias poidan gozar dunha experiencia única.

Papá Noel estará dispoñible para recibir aos nenos e nenas, recoller as súas cartas e fotografiarse na casita nos seguintes horarios:
❖ De 11:30 a 13:30 h.
❖ De 16:30 a 19:00 h.

 

Ese mesmo día, a partir das 16:00 horas, terá lugar no Multiúsos de Arzúa a Festa de Papá Noel, unha tarde chea de animación e actividades pensadas para o público infantil e familiar:
★ Obradoiros de manualidades de Nadal
★ Parque de inchables con barredora
★ Masterclass de baile moderno
★ Chocolatada con churros

 

A xornada culminará ás 19:40 horas co Sorteo “Carta a Papá Noel”, unha actividade para poñer o broche final a unha tarde máxica, chea de ilusión, diversión e para dinamizar o comercio local, co reparto de 30 agasallos para os cativos que frecuenten o CCA Arzúa durante a campaña, e recollan a postal de AECA da man dalgún comerciante veciño para escribirlle a Papá Noel e a vaian depositar ao buzón da Casiña (pódese consultar un resumo das bases do sorteo depositadas en AECA nas redes sociais da entidade).

Facebook: @aeca.aeca79
Instagram: @asoc_empresarios_aeca
Tik Tok: @cca.arzua.aeca

Postais de AECA edición 2025

 

Sorteo Carta a Papá Noel – Nadal 2024

 

Gran Sorteo «Rifas de Nadal» 2025: Un escaparate con 12 premios valorados en máis de 3.000€


Como cada ano, AECA organiza o seu tradicional Sorteo «Rifas de Nadal», que ofrece un espectacular escaparate composto por 12 premios valorados en máis de 3.000 euros, grazas ás aportacións dos asociados participantes.
Os clientes dos establecementos de AECA poderán participar, a partires do 9 de decembro, a través da entrega de rifas polas súas compras nos locais sinalizados coa cartelería.

O sorteo busca premiar a fidelidade dos consumidores e impulsar as vendas no pequeno comercio, reforzando o impacto positivo da campaña. O sorteo será celebrado finalmente dende a emisora de Radio Arzúa o 12 de xaneiro.

Logo, os números premiados serán publicados a través das redes sociais e a través de esta web así como a través da cartelería exposta nos locais participantes.

 

AECA mantén así a súa aposta por ofrecer un Nadal vivo, participativo e beneficioso para o tecido empresarial da comarca.

Con esta campaña, a Asociación continúa reforzando a importancia do consumo de proximidade, da colaboración entre negocios e da unión do sector empresarial para crear valor social e económico en Arzúa.

 

Estas actividades organizadas por AECA para o Nadal 2025 son cofinanciadas pola Xunta de Galicia para a dinamización do Centro Comercial Aberto de Arzúa a través do programa de axudas CO300A.

Relacionados