O CCA ARZÚA LANZA OS “DÍAS BRANCOS” PARA ANTICIPAR AS REBAIXAS DE VERÁN E CO SORTEO DUN SALÓN DE VERÁN

O CCA ARZÚA LANZA OS “DÍAS BRANCOS” PARA ANTICIPAR AS REBAIXAS DE VERÁN CON PROMOCIÓNS ESPECIAIS E O SORTEO DUN SALÓN DE VERÁN
Arzúa, 23 de xuño de 2026. O Centro Comercial Aberto de Arzúa (CCA Arzúa), promovido por AECA, celebrará entre os días 25 e 30 de xuño unha nova edición dos Días Brancos, unha campaña de dinamización comercial que permitirá aos consumidores anticiparse ás rebaixas de verán e acceder a descontos e promocións especiais en 21 establecementos do comercio local.
Baixo o lema “Anticípate ás rebaixas de verán. Merca local, merca na túa vila”, a iniciativa busca incentivar o consumo de proximidade, apoiar ao tecido comercial de Arzúa e premiar a fidelidade dos clientes.
Como principal atractivo da campaña, todas as compras superiores a 15 euros realizadas nos comercios participantes permitirán entrar no sorteo dun espectacular “Salón de Verán”, un conxunto de mobles de ratán para exteriores valorado en 700 euros.

Os clientes poderán depositar os seus tíckets de compra na urna habilitada por AECA nos establecementos participantes, indicando o seu nome completo e teléfono de contacto. O sorteo celebrarase en directo o próximo 3 de xullo dende a emisora municipal Radio Arzúa.
Os comercios participantes nesta edición son:
Arroupadiños, Boutique Anduriña, Calzados Iglesias, Carola Moda, Cociñas Pedreira, Comercial Alfonso Souto, Deportes López, Euromueble Decoración, Europa Asia, Estrenas Zapatería, Lage Moda, Librería Os Picariños, MD Lencería e Fogar, Mi Tata, Mía María, Miss Zapatos, Moda Ana, Moda Sari, Novavisión Óptica, Óptica Abal e Sport Moda Deportes.
Durante estes días, o comercio local vestirase simbólicamente de branco para reforzar a identidade visual da campaña. Escaparates, maniquíes e decoración incorporarán esta cor, mentres que os establecementos participantes estarán identificados cuns globos en tons pastel.
A campaña inclúe ademais unha ampla acción de comunicación con presenza en prensa escrita, radio, redes sociais e soportes físicos distribuídos por toda a vila.
Desde AECA animan á veciñanza e visitantes a aproveitar esta oportunidade para descubrir as vantaxes do comercio local, acceder aos primeiros descontos da tempada e participar no sorteo dun gran premio.
Campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia – Comercio Galego – para a dinamización do CCA Arzúa.
Máis información:
Facebook: @aeca.aeca.79
Instagram: @aeca_asoc_empresarios
Tik Tok: @cca.arzua.aeca
Wasap: 636 041 693
Páxina web: www.aecomarcadearzua.com
Na seguinte ligazón pódense consultar as bases de participación no SORTEO do salón de verán: BASES SORTEO DIAS BRANCOS 2026

