Sign In

Noticias

Últimas Noticias
Diana Nogueira presentará a 3ª edición do Desfile de Moda da AECA

Diana Nogueira presentará a 3ª edición do Desfile de Moda da AECA

Arzúa, 4 de maio de 2026. A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) celebrará o vindeiro sábado 16 de maio, ás 19:00 horas, a 3ª edición do Desfile de Moda, unha cita xa consolidada no calendario comercial da vila, que terá lugar no Multiusos Terra do Queixo, con entrada gratuíta.

Nesta ocasión, o desfile contará coa presentación de Diana Nogueira, recoñecida profesional da comunicación, que será a encargada de conducir unha tarde pensada para poñer en valor o comercio de proximidade e as tendencias da nova temporada primavera – verán.


Un total de 12 establecementos locais participarán nesta pasarela, amosando as súas propostas de moda, calzado, complementos, óptica e perfumaría: Mía María, Carola Moda, Moda Sari, MD Lencería e Fogar, Boutique Anduriña, Miss Zapatos, Estrenas Zapatería, Calzados Iglesias, Arroupadiños, Novavisión Óptica, Mi Tata e Chorima Perfumería.

Ademais, o evento contará coa colaboración de Xeira, Moheva, Frutas Jose de La Andaluza, Cociñas Pedreira, Fogar de Lecer Turismo Rural, Kitakuxa Artesanía, Arzugráfica, Mamá Teresa, Supermercado Claudio Expréss e Biosbardos Animación, cuxo apoio resulta fundamental para facer posible unha nova edición deste desfile e seguir impulsando accións en favor do comercio local.

Publicidade do evento na Avenida de Lugo en Arzúa

A xornada contará con musica, sorteos, agasallos e outras sorpresas. Unha tarde pensada para desfrutar da mellor pasarela de moda da contorna e para apoiar o comercio local de Arzúa.

Dende AECA subliñan a importancia de organizar eventos de este tipo para que «a veciñanza da vila e da comarca, así como as persoas que nos visitan, poidan descubrir os produtos e tendencias da nova temporada dispoñibles nos nosos establecementos de proximidade». Ademais aproveitan para «convidar a todas e todos a achegarse o 16 de maio ata o Multiúsos Terra do Queixo para desfrutar da moda local».

Este evento organizado por AECA para a dinamización comercial do CCA Arzúa é cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración – COMERCIO GALEGO -, e conta coa colaboración do Concello de Arzúa.

Relacionados