DA ALIANZA DE LORENZO&CENDAL E CARPIFOGAR NACE O GRUPO QUATTROCENTO
É noticia! Dous referentes únense en Arzúa para transformar o sector da construcción e das reformas integrais: Nace QUATTROCENTO

José María Lorenzo, José Antonio Cendal, David Fraga e Abel Ferro suman sinerxias para crear ‘Quattrocento’, o novo referente das reformas integrais, deseño de interiorismo e a construción industrializada en Arzúa.
«A alianza estratéxica de LORENZO&CENDAL Arquitectura e Xestión SL, e Carpifogar Carpinteiros SL, marcas asociadas a AECA, une a arquitectura técnica e a ebanistería de vangarda para liderar as reformas integrais de gama alta , así como a construción industrializada no ámbito residencial e corporativo «.
A nova compañía opera dende a súa sede central no Parque Empresarial de Arzúa, aplicando o «Método Quattrocento»: Planificación, control e responsabilidade para garantir orzamentos pechados e desenrolos constructivos libres de incertidume.
ARZÚA, 14 de xullo de 2026. O sector do deseño, a arquitectura e a edificación en Galicia inicia unha etapa de profunda renovación empresarial. O estudo técnico Lorenzo&Cendal Arquitectura e Xestión, SLP e a firma especializada en madeira Carpifogar Carpinteiros SL, ambas marcas de consolidada traxectoria na comarca e integradas na Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA), completaron con éxito a súa alianza estratéxica baixo a creación dunha nova empresa: GRUPO Quattrocento INTEGRAL, S.L.
A presentación oficial da compañía tivo lugar o pasado venres cun acto de inauguración celebrado na súa sede central, situada na Rúa das Tecelás (Nave 5) do Parque Empresarial de Arzúa.

«O evento reuniu a axentes sociais, directivos de AECA, representantes do tecido empresarial do Polígono Industrial de Arzúa e profesionais do deseño e a construcción de toda Galicia. Os socios estiveron ademais arroupados por colaboradores, familiares e amigos achegados que quixeron acompañalos na celebración do comezo de esta nova etapa.»
Sinerxia total entre dirección técnica e artesanía industrial
O nacemento de Quattrocento responde á demanda dun mercado que ofrece solucións constructivas globais, eficientes e de alta calidade arquitectónica.
A través desta nova marca conxunta, suman a súa experiencia para ofrecer un servicio integral: o rigor en proxectos técnicos, urbanismo e dirección de obra que lideran LORENZO&CENDAL ARQUITECTURA E XESIÓN S.L. xunto coa ebanistería personalizada e a medida que consolida CARPIFOGAR CARPINTEIROS, S.L. tras case dúas décadas de traxectoria por parte de ambas empresas.
A compañía proxecta a súa actividade a través de dúas divisións:
- Reformas integrais e diseño de interiores: Centrado no «renacemento e optimización de espazos existentes», transformando espacios obsoletos en lugares que inspiran, coidando cada detalle para que volvan a convertirse en protagonistas do seu entorno.
- Construcción industrializada: Deseñada para ofrecer unha edificación rápida, sostible e de máxima eficiencia enerxética e de calidade; abarcando o sector residencial, turístico, naves industriais e instalacións comerciais.
Con unha forma de traballar que parte dun principio técnico innegociable: reducir a variabilidade e convertir as decisión complexas en eleccións informadas. “Método Quattrocento”, trazabilidade e responsabilidade eliminando a improvisación completamente.
«En Quattrocento, reformar non é cambiar, é empezar de novo», sinalan dende a dirección.
O valor diferencial da firma radica no desenvolvemento do «Método Quattrocento», un sistema de xestión baseado no Project Management con un control total e tranquilidade absoluta. Asumindo a xestión técnica, legal e executiva do teu proxecto de principio a fin garantizando prazos estritos, prezos pechados e unha experiencia sen sorpresas.
Os proxectos e a filosofía de traballo da nova marca xa se poden consultar na súa plataforma www.quattrocentoarquitectura.es e nas súas canles oficiais de Instagram e Facebook:
https://www.instagram.com/quattrocentoarquitectura/
https://www.facebook.com/quattrocentoarquitectura
Contacto de Prensa / Comunicación Corporativa Quattrocento
Teléfonos de atención: +34 981 50 0 633
Correo electrónico: info@quattrocentoarquitectura.com
Dirección: Rúa das Tecelás, Nave 5, Parque Empresarial de Arzúa, 15810, A Coruña.
