O GRAN PREMIO DOS DÍAS BRANCOS XA FOI ENTREGADO
Xa fixemos entrega do gran premio da campaña DÍAS BRANCOS do comercio organizado por AECA.

Parabéns a arzuá Ana Andrade Maneiro, a afortunada gañadora do espectacular Salón de Verán, valorado en 700 €, tras rexistrar unha compra en Boutique Anduriña . 


Esta campaña naceu para premiar a confianza de quen escolle o comercio de proximidade e para demostrar que mercar na túa vila sempre ten recompensa.
Grazas a todas as persoas que participastes e aos establecementos do Centro Comercial Aberto de Arzúa que, unha vez máis, fixestes posible esta iniciativa.
Seguiremos traballando para ofrecer novas campañas, promocións e experiencias que impulsen o noso comercio local.
Merca local. Merca na túa vila. Porque cada compra conta.
Por certo, se vos gustou este Salón de verán que sorteamos e vos queredes facer con él podedes adquirilo en Comercial Alfonso Souto, s.l. 


Actividade cofinanciada por Comercio galego #XuntadeGalicia
