AECA E ASOCIADOS PREMIAN AS MERCAS DE NADAL CON MÁS DE 5.000€ EN BONOS
Para apoiar a campaña de Nadal 2021 co obxectivo de incentivar as ventas e fidelizar aos clientes, AECA pon en marcha un sorteo de máis de 5.000€ en bonos que serán repartidos polos 50 establecementos participantes do Centro Comercial Aberto de Arzúa.
Estos premios serán canxeados tras o sorteo, que terá lugar o 12 de xaneiro en directo en Radio Arzúa, para consumir de novo nos comercios asociados participantes axudando a dinamizar a actividade comercial despois do nadal.
Por cada merca que se realice dende o 9 de decembro ata o 7 de xaneiro os clientes terán unha participación neste sorteo de bonos, quenes cubrirán os seus datos nun cartón para introducilo na urna de AECA, da que dispoñen tódolos establecementos participantes.
Posteriormente, o 12 de xaneiro a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa levará a cabo o sorteo a través da radio local onde se extraerán 90 cartóns cos nomes dos gañadores.
Os “vales de compra” aportados polos comerciantes son todos por valor de 50€ para canxear no mesmo establecemento, e os bonos aportados por AECA, valorados nun total de 2.000€ son por importes de 250, 200, 150, 100 e 50 euros, todos eles para volver consumir en calquera dos establecementos asociados participantes nesta campaña.
Os premiados terán dous meses de prazo para reclamar o seus bonos dende a data do sorteo.
Como cada nadal AECA invita a consumir no comercio local asociado xa que repercutirá positivamente na economía do noso lugar.
Ademáis, ao mercar no comercio de proximidade estamos facendo un consumo máis sostible, responsable, intelixente e solidario.
A decisión está nas nosas máns, por nós e por todos!
¡¡ Este Nadal, e sempre, a mellor opción é o comercio local !!
#protexamosaopequenocomercio