Sign In

Noticias

Últimas Noticias
AECA organiza a FESTA DA VOLTA AO COLE para dinamizar o CCA Arzúa

AECA organiza a FESTA DA VOLTA AO COLE para dinamizar o CCA Arzúa

A programación da campaña VOLTA AO COLE 2024 organizada por AECA incluirá a celebración dunha gran festa de animación infantil onde ademáis terá lugar un sorteo presencial dunha videoconsola PS5 Sony para premiar as mercas comprendidas do 1 ao 28 de setembro; todo co obxectivo de fidelizar ás familias que se equipen co comercio local para o comezo do vindeiro curso escolar.

Esta actividade organizada por AECA é cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro do programa de dinamización comercial do Centro Comercial Aberto de Arzúa 2024, ao abeiro da axuda CO300A.

Arzúa, 30 de agosto de 2024.

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa celebrará na tarde do día 28 de setembro a Festa da VOLTA AO COLE no Multiúsos Terra do Queixo en Arzúa. A través de ésta actividade AECA incentivará as mercas no CCA Arzúa durante a campaña, que dará comezo o 1 de setembro, e fidelizará ás familias que aposten polo consumo local.

O evento, programado para o sábado 28 de setembro, dará comezo ás 16h. e consistirá nunha gran festa de animación con diferentes actividades destinadas a todo o público xoven; dende os máis cativos ata os rapaces en idade adolescente. As actividades programadas son: incháble de percorrido, incháble de salto, touro mecánico e festa da escuma. Durante a actividade da escuma haberá dous espazos delimitados; un para os nenos máis cativos onde poderán estar acompañados polos pais, e outro espazo no cal estarán os demáis rapaces asistentes. Dende a organización de AECA adiantan que no caso de que as temperaturas sexan desfavorables a festa da escuma será substituída por outro tipo de actividade de animación alternativa. Tamen haberá un equipo de son para amenizar o evento, e un spiker que interacturará co público e conducirá o sorteo presencial.

Terán acceso ao recinto da festa todas aquelas familias, clientes do Centro Comercial Aberto de Arzúa, que presenten un tícket de gasto, por cada nen@ asistente, de material escolar, deportivo, ou de produtos de equipación persoal (gafas, roupa, calzado, complementos, …etc.), por un importe mínimo de 20€ e con data comprendida do 1 ao 28 de setembro. Aos nenos entregaráselles no acceso unha pulseira personalizada do CCA Arzúa coa cal poderán desfrurar de tódalas actividades.

Ademáis para gratificar aos clientes polas súas mercas haberá unha degustación de xeado ecolóxico e durante o evento celebrarase o sorteo presencial dunha videoconsola PS5 Sony. Para realizar este sorteo a organización entregará aos clientes no acceso ao recinto 1 rifa por cada 20€ de gasto presentados a través de tíckets. De este xeito, canto máis teñan consumido no CCA Arzúa durante a campaña máis participacións obterán para o sorteo.

Esta campaña comercial supón para as papelerías e outros comercios locais unha importante porcentaxe da facturación anual, polo que AECA fai un chamamento ás familias para que non deixen de respaldar aos negocios locais á hora de preparar a volta ao cole, xa que tamén están ao longo de todo o ano ao seu carón para resolver necesidades inmediatas de xeito satisfactorio; ofrecendo un servizo cercano, de calidade e cun trato personalizado incomparable con outros formatos comerciais.

Os consumidores poderán consultar toda a información a cerca do sorteo da FESTA DA VOLTA AO COLE nas bases de participación publicadas a continuación na seguinte ligazón:

Bases sorteo FESTA DA VOLTA AO COLE

Relacionados