AECA PRESENTA O II DESFILE DE MODA QUE SE CELEBRARÁ O 10 DE MAIO
Comerciantes participantes no II Desfile de Moda xunto coa xerente de AECA na presentación do evento en Arzúa.
O II Desfile de Moda da AECA celebrarase o sábado 10 de maio
Arzúa, 30 de abril de 2025.
A segunda edición do Desfile de Moda da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa celebrarase o sábado 10 de maio, ás 19:00h, no Multiusos Terra do Queixo con entrada gratuíta para que veciñanza e visitantes poidan descubrir a nova colección primavera-verán do comercio local.
Nesta ocasión participarán 15 establecementos de proximidade que son: Arroupadiños, Boutique Anduriña, Calzados Iglesias, Carola Moda, Chorima Perfumería, Estrenas Zapatería, Lage Moda, Leny Moda, MD Lencería e Fogar, Mi Tata, Mía María, Miss Zapatos, Moda Ana, Moda Sari e Novavisión.
Esta xornada de moda estará conducida pola actriz arzuá Lidia Veiga e contará con música, sorteos, agasallos e moito máis. Unha tarde para desfrutar da mellor pasarela de moda da contorna e apoiar o comercio local de Arzúa.
A Asociación fai fincapé na importancia de organizar este tipo de eventos en Arzúa para que “veciñanza da vila e da contorna, así como visitantes coñezan os produtos da nova tempada que temos dispoñibles no noso Centro Comercial Aberto”, e dende AECA aproveitan a ocasión para “convidar a todas e todos a vir o 10 de maio ata o Multiusos Terra do Queixo para desfrutar da moda local”.
Amais, a xerencia do colectivo empresarial comprácese en comunicar que “neste II Desfile de Moda contaremos coa presenza do Director Xeral de Comercio, Gabriel Alén, e de membros da corporación municipal do Concello de Arzúa”.
Gabriel Alén, Director Xeral de Comercio e Consumo