Sign In

Noticias

Últimas Noticias
FÓRA STOCKS NO CCA ARZÚA AO MELLOR PREZO E ATA FIN DE EXISTENCIAS

FÓRA STOCKS NO CCA ARZÚA AO MELLOR PREZO E ATA FIN DE EXISTENCIAS

Dende o 28 de febreiro AECA puxo en marcha a campaña FÓRA STOCKS no centro comercial aberto de ARZÚA para impulsar as compras no comercio local; o que permitirá sacar o stock dos almacéns e axudará a liquidar as mercadorías que quedan en tenda desta tempada e doutras anteriores; especialmente nas do sector de produtos de equipamento persoal como son calzado e roupa.

Ésta iniciativa lévase a cabo no horario comercial habitual nas tendas asociadas participantes a partires do día 28 de febreiro e ata fin de existencias.

Os comercios inscritos ofrecen os seus produtos en stock ao mellor prezo, chegando nalgúns casos ata un prezo límite do 70% de desconto.

O obxectivo de ésta actividade é atraer ao consumidor ao CCA Arzúa con interesantes ofertas en produtos de calidade e de primeiras marcas, para animalos a que saian á caza das gangas coma se nunha feira de oportunidades se tratara.

O produto local multimarca caracterizouse sempre pola súa excelente calidade, e durante o FÓRA STOCKS ademáis os prezos inmellorables serán un reclamo añadido.

Esta campaña comercial ven darlle o broche final ás rebaixas de inverno; cunha chea de descontos incríbles nos ÚLTIMOS DÍASde liquidación total.

Os comercios para promocionar a campaña contan cunha vistosa cartelería exposta no seu escaparate durante estas xornadas, así os consumidores poden diferenciar fácilmente aos locais asociados participantes que son os seguintes:

ARROUPADIÑOS

BOUTIQUE ANDURIÑA

CALZADOS IGLESIAS 

CAROLA MODA

DEPORTES LÓPEZ

ESTRENAS ZAPATERÍA

LAGE MODA

MD LENCERÍA E FOGAR

MI TATA

MISS ZAPATOS

MODA SARI

NOVAVISIÓN ÓPTICA

SPORT MODA DEPORTES

VADI MODA

Relacionados