I Edición RUTA DE TAPAS «EXALTACIÓN DO GALO PIÑEIRO»
Anunciamos que AECA organiza en Arzúa unha xornada gastronómica para o vindeiro sábado 21 de decembro; a I Edición da RUTA DE TAPAS «EXALTACIÓN DO GALO PIÑEIRO».
Os clientes dos bares inscritos asociados poderán desfrutar da degustación gratuita dun rico manxar elaborado con galo piñeiro con cada consumición.
A ruta desenvolverase polos seguintes establecementos:
BAR LUÍS, BAR MANOLO, BAR KARPER, PARRILLADA EUROPA, O FURANCHO D`SANTISO, CAFÉ BAR PRAZA, CONFITERÍA CAFÉ LA ESQUINA, MESÓN OS CATRO VENTOS, O GLOMAN, PARRILLADA 107, e no BAR CASQUEIRO (en Ferreiros).
O horario establecido para as degustacións será de 12h. a 15h. e de 19h. a 22h.
AECA leva a cabo ésta iniciativa en colaboración coa Asociación da Galiña Piñeira.
Este evento consistente na exaltación gastronómica do galo piñeiro, terá lugar co obxectivo de dinamizar a actividade hostaleira así como para contribuír a poñer en valor unha carne de excelente calidade, e para dar a coñecer mellor a ésta especie de ave autóctona con raíces na época celta que se está a recuperar na Comarca de Arzúa.