GUSTARÍACHE FACER UNHA COMPRA REDONDA?? POIS NO CCA ARZÚA CELEBRAN OS DÍAS BRANCOS DO COMERCIO
DO 5 AO 10 DE XUÑO DÍAS BRANCOS DO COMERCIO NO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE ARZÚA !!
APROXÍMASE O VERÁN, E AS TENDAS ASOCIADAS A AECA ESTÁNSE A PREPARAR PARA QUE VISTAS «DE PUNTA EN BRANCO» ESTA TEMPADA !!
DO 5 AO 10 DE XUÑO ACHÉGATE AO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE ARZÚA PARA CELEBRAR CON NÓS OS DÍAS BRANCOS DO COMERCIO E COÑECE TÓDALAS VANTAXES QUE CHE OFRECEN OS COMERCIANTES LOCAIS COAS COMPRAS DO VERÁN.
EN TOTAL SERÁN 24 AS TENDAS DO CCA ARZÚA QUE SE SUMEN A ÉSTAS XORNADAS COMERCIAIS EXTRAORDINARIAS.
DURANTE ESTA SEMANA OS COMERCIANTES PARTICIPANTES OFRECERÁN AOS SEUS CLIENTES MOITAS VANTAXES COAS MERCAS, COMO DEGUSTACIÓNS, VALES DESCONTO, PROMOCIÓNS ESPECIAIS, PARTICIPACIÓNS EN DIFERENTES SORTEOS E OUTROS PREMIOS !!
A AECA ADEMÁIS, PREMIARÁ AOS CLIENTES DO CCA ARZÚA CO SORTEO DUN ESTUPENDO ORDENADOR PORTÁTIL HP !!!
ENTRARÁN NESTE SORTEO TÓDALAS MERCAS SUPERIORES A 15€ QUE SEXAN REXISTRADAS NA URNA DA AECA, A CAL ESTARÁ DISPOSTA NO MOSTRADOR DAS TENDAS PARTICIPANTES DURANTE OS DÍAS BRANCOS DO COMERCIO.
ÉSTE SORTEO ORGANIZADO POR AECA LEVARASE A CABO O DÍA 13 DE XUÑO, E SERÁ EMITIDO EN DIRECTO A TRAVÉS DE RADIO ARZÚA.
DURANTE OS DÍAS BRANCOS O CCA ARZÚA TERÁ POR OBXECTIVO QUE A TÚA EXPERIENCIA DE COMPRA SEXA REDONDA!! NON O PODES PERDER!!
XA SABES, DO 5 AO 10 DE XUÑO DESCOBRE TÓDALAS VANTAXES DE MERCAR NO CCA ARZÚA, E DESFRUTA DUNHAS XORNADAS DE SHOPPING MOI SATISFACTORIAS !!
BASES DE PARTICIPACIÓN NOS DÍAS BRANCOS DO COMERCIO 2023:
1ª. A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza a campaña de dinamización comercial DÍAS BRANCOS DO COMERCIO que se celebrará do día 5 ao 10 de xuño nas tendas asociadas participantes do Centro Comercial Aberto de Arzúa en horario habitual. Estas xornadas comerciais extraordinarias teñen por obxectivo impulsar as vendas da nova colección de verán. Os comercios participantes durante a campaña ofrecerán diversas vantaxes aos clientes pola súa merca: degustacións, vales desconto, participacións en diversos sorteos e/ou promocións especiais. A entrega do vale desconto ao cliente virá condicionado polo importe de compra mínimo que estipule cada comerciante. Os vales desconto dos DÍAS BRANCOS tan só poderán ser canxeados nunha próxima merca na mesma tenda onde se obtiveron, e éstos caducarán a finais de xuño, co comezo da tempada de rebaixas de verán 2023.
2ª. Os comercios asociados a AECA inscritos nesta actividade estarán identificados co cartel da campaña exposto na tenda, e tamén coa moqueta vermella da AECA así como cunha decoración de globos vermellos e brancos do CCA no exterior do local.
3ª. Por outro lado, os clientes, con cada merca que efectúen durante OS DÍAS BRANCOS do comercio por importe superior a 15€ nalgunha das tendas asociadas inscritas (só do 5 ao 10 de xuño), obterán ademáis unha participación para o sorteo dun ordenador portátil HP, que AECA levará a cabo o vindeiro 13 de xuño. Dito sorteo será emitido en directo a través da radio local.
Poderá participar neste sorteo calquera persoa maior de idade que rexistre unha merca por importe superior a 15€, en calquera comercio asociado participante na campaña.
Para levar a cabo o rexistro das mercas estará disposta a urna da AECA no mostrador dos locais asociados, onde será depositada a copia do tícket de merca no cal o cliente anotará o seu nome e un teléfono de contacto no seu reverso.
Se sae premiado no momento do sorteo un tícket coa data fóra do prazo establecido, ou cun importe inferior ao requerido, ou cos datos de contacto non lexibles, quedará invalidado e a man inocente procederá a sacar outro tícket.
Unha mesma persoa poderá rexistrar para o sorteo tantas mercas como desexe durante a campaña dos DIAS BRANCOS do comercio.
4ª. Será necesaria a recollida de datos persoais para levar a cabo o sorteo, e a operativa da entrega dos premios, respetando a normativa aplicable en materia de Protección de Datos de carácter persoal. Os titulares dos datos proporcionados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitindo un escrito acompañado dunha fotografía do seu DNI, dirixido ao CCA de Arzúa (AECA), con enderezo no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1, 1º. 15810 Arzúa (A Coruña), coa referencia “Protección de Datos” Sorteo DÍAS BRANCOS do comercio 2023.
5ª. A AECA facilitaralles aos 24 comerciantes participantes o material necesario para levar a cabo a campaña; tantos vales desconto personalizables como precisen na súa tenda, así como unhas bolsas de papel, cartelería e globos identificativos para utilizar durante a campaña.
6ª. O listado das tendas adheridas á campaña serán publicados no perfil de facebook e Instagram, así como na páxina web da Asociación, e ademáis haberá cartelería na rúa. Así mesmo, AECA fará difusión da campaña a través da radio local e serán enviadas notas de prensa a diversos medios de comunicación.
7ª. A organización de A.E.C.A. poderá tomar calquera decisión con respecto ás presentes bases de xurdir algunha dúbida ou cuestión.
8ª A participación nesta campaña implica a total aceptación das presentes bases depositadas en A.E.C.A. por parte tanto dos comerciantes como dos clientes do CCA ARZÚA.
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA COMARCA DE ARZÚA (A.E.C.A.)
Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1. 15810 Arzúa
Tel. 981 815 049 / 636 041 693
SÍGUENOS EN REDES SOCIAIS: @aeca.aeca79