O CCA ARZÚA SÚMASE AO PROGRAMA BONOS ACTIVA COMERCIO DA XUNTA DE GALICIA
A Xunta de Galicia volve lanzar de novo os BONOS ACTIVA para impulsar o consumo no comercio galego e a partires do vindeiro lúns 24 de outubro xa estarán estes bonos en formato dixital con un saldo de 30€ en descontos a disposición dos clientes na web:
www.bonosactivacomercio.gal
Adiantámosvos que ao mercar na gran maioría dos establecementos asociados a AECA poderedes beneficiarvos dos descontos Bonos Activa Comercio posto que as tendas do CCA Arzúa que se poden acoller á convocatoria xa teñen xestionada a adhesión ao programa.
+ info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221011/AnuncioV0653-300922-0001_es.html
A partires do lúns 24 de outubro poderedes descargar gratuítamente o BONO ACTIVA en www.bonosactivacomercio.gal no voso dispositivo móbil e consultar o listado de establecementos comerciais que están adheridos a éste programa en Arzúa e comarca.
No momento de efectuar o pago das mercas amosade ao comerciante o código QR do bono descargado e aplicaranvos os seguintes importes de desconto en función da cuantía da merca; ata o esgotamento dos 30€ en descontos :
5 euros de desconto en compras de entre 20 e 29 euros
10 euros de desconto en compras de entre 30 e 49 euros.
15 euros de desconto en compras superiores a 50 euros.