19, 20 E 22 DE XUÑO DÍAS BRANCOS NO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE ARZÚA
AECA organiza no Centro Comercial Aberto de Arzúa unhas xornadas comerciais con descontos extraordinarios, promocións especiais e un sorteo de moitos premios, por un valor total de 1.500€, para animar as vendas da tempada e celebrar a chegada do verán.Esta promoción será do 19 ao 22 de xuño.
Pouco a pouco fomos chegando á nova normalidade, e AECA decideu reanudar a organización de actividades de dinamización comercial no CCA de Arzúa coa campaña: OS DÍAS BRANCOS.
Nos DÍAS BRANCOS participarán 24 establecementos asociados a AECA, será en horario habitual e consistirá en ofrecer descontos ; anticipando as esperadas rebaixas durante ésta promoción.
Os DÍAS BRANCOS veñen a sustituír á habitual “Noite Aberta”, no afán de evitar o exceso de aforo nas tendas polo carácter tan efímero de ésta campaña, que consistía nunha promoción dunhas poucas horas.
Para atraer e fidelizar aos clientes durante os DÍAS BRANCOS, os comerciantes sortearán 105 bonos de merca por un total de 1.200€ en cantidades de 10€ e 25 €, que como novidade poderán ser canxeados polos premiados en calquera dos locais participantes nesta campaña. AECA pola súa parte aportará para sortear 1 póliza de seguro valorada en 300€ entre todas as mercas rexistradas durante esta promoción.
Os clientes por cada merca (importe mínimo de 10€) recibirán un cartón para participar no sorteo cubrindo os seus datos, para logo introducir o boleto na urna de AECA que atoparan nas tendas.
O sorteo dos DÍAS BRANCOS terá lugar a través de radio Arzúa en directo o 25 de xuño, e o nome dos gañadores serán publicados a través da páxina de facebook da AECA: Aeca Asoc Empresarios e mediante cartelería nas tendas participantes.
Os comerciantes para atraer ao cliente tamén levarán a cabo unha decoración especial no establecemento para que queden ben diferenciados os locais participantes nesta campaña.
Así mesmo os DÍAS BRANCOS do Centro Comercial Aberto de Arzúa serán promocionados pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa mediante cartelería, radio local e redes sociais nos días previos á súa celebración.
Queremos recordar a todos que esta campaña comercial débese levar a cabo evitando as aglomeracións de xente nos establecementos e respetando o aforo permitido que na situación actual está ao 75% no interior das tendas. Neste senso recomendamos aos comerciantes que, á sua vez, faciliten ao cliente as mercas a distancia (de forma non presencial) como a través do teléfono, redes sociais ou on line.
Os nosos comerciantes asociados están moi comprometidos coa nova normalidade, e están a ofrecer o seu servicio con todas as medidas sanitarias necesarias ante o COVID 19 para a tranquilidade de todos. Con estas medidas queremos trasmitir ao consumidor que o Centro Comercial Aberto de Arzúa é un espazo seguro para mercar. Agora máis ca nunca somos uns comercios de confianza sen aglomeracións de xente.
A crise do COVID 19 é cousa de todos e para saír xuntos de ésta debemos apoiar aos nosos comerciantes, seguindo as súas recomendacións á hora de mercar. É moi importante o cumprimento por parte dos clientes das normas establecidas: levar a máscara posta ,hixienizar as máns facendo uso do xel hidroalcohólico ao entrar , manter a distancia de seguridade , esperar a quenda , evitar tocar o que non se vaia mercar , e preferentemente utilizar o pago electrónico.
Gracias pola vosa responsabilidade, e agora máis ca nunca apoiemos ao pequeno comercio!