Sign In

Noticias

Últimas Noticias
O COMERCIO LOCAL DE ARZÚA SACA MERCADORÍAS Á RÚA CUNHA GRAN CAMPAÑA DE OUTLET E DESCONTOS DE ATA O 70%

O COMERCIO LOCAL DE ARZÚA SACA MERCADORÍAS Á RÚA CUNHA GRAN CAMPAÑA DE OUTLET E DESCONTOS DE ATA O 70%

 

A campaña ARZÚA OUTLET, organizada por AECA, celebrarase do 24 ao 31 de agosto coincidindo coa recta final das rebaixas de verán.

Preto dunha vintena de establecementos ofrecerán prezos límite tanto no interior dos seus locais como en espazos exteriores e beirarrúas do núcleo urbán.

 

Arzúa, 21 de agosto de 2026.– A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) lanza unha nova edición da súa campaña comercial ARZÚA OUTLET, unha iniciativa estratéxica de «street marketing» que se desenvolverá entre o 24 e o 31 de agosto co obxectivo de dinamizar o núcleo urbano.

Preto dunha vintena de establecementos locais sacarán os seus produtos directamente á rúa, grazas á colaboración do Concello de Arzúa.

Esta acción rompe as barreiras físicas dos comercios e transforma as beirarrúas nun espazo vivo, humano e accesible para os transeúntes.

A campaña céntrase en dous resultados de acción prioritarios:

  • Favorecer a liquidación rápida de stock de tempada para o comercio de proximidade, especialmente nos sectores de moda, calzado e complementos.

  • Ofrecer aos consumidores oportunidades únicas de aforro con descontos agresivos que alcanzarán o 70% sobre o prezo orixinal.

Apostar polo Centro Comercial Aberto de Arzúa supón apoiar un modelo de consumo circular, sostible e de quilómetro cero, evitando desprazamentos innecesarios e revertendo os beneficios económicos directamente na vida das nosas rúas.

(Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia – Comercio Galego e en colaboración co Concello de Arzúa).

Comercios adheridos á campaña: 

  • ARROUPADIÑOS
  • BOUTIQUE ANDURIÑA
  • CALZADOS IGLESIAS
  • CAROLA MODA
  • COCIÑAS PEDREIRA
  • DEPORTES LÓPEZ
  • ESTRENAS ZAPATERÍA
  • EUROPA ASIA
  • LAGE MODA
  • LIBRERÍA OS PICARIÑOS
  • NOVAVISIÓN ÓPTICA
  • MD LENCERÍA E FOGAR
  • MI TATA
  • MÍA MARÍA
  • MISS ZAPATOS
  • MODA SARI
  • ÓPTICA ABAL
  • SPORT MODA

Segue o desenvolvemento de todas as actividades organizadas por AECA a través das súas redes sociais:

Facebook: https://www.facebook.com/aeca.aeca.79/

Instagram: https://www.instagram.com/asoc_empresarios_aeca/

TikTok: https://www.tiktok.com/@cca.arzua.aeca


 

 

Relacionados