Sign In

Noticias

Últimas Noticias
AECA GRATIFICA AS MERCAS CON 500 PREMIOS SEGUROS NO «ARZÚA OUTLET» PARA CANXEAR NA HOSTALERÍA

AECA GRATIFICA AS MERCAS CON 500 PREMIOS SEGUROS NO «ARZÚA OUTLET» PARA CANXEAR NA HOSTALERÍA

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza a campaña comercial ARZÚA OUTLET que se celebrará os días 20 e 21 de agosto en 18 tendas asociadas do Centro Comercial Aberto de Arzúa.

O obxectivo da campaña é darlle saída ao stock da tempada, animando aos clientes a mercar nas últimas rebaixas que xa chegaron ao seu prezo límite.

AECA para acadar este obxectivo vai gratificar as compras durante a promoción do ARZÚA OUTLET aportando un total de 500 premios directos que os comerciantes participantes entregarán ata fin de existencias coas mercas por importe igual ou superior a 30€, e que consistirán en vales para consumir nos locais hostaleiros asociados.

As 18 tendas participantes estarán identificadas mediante unha decoración común; a moqueta vermella da AECA e globos de cores na entrada do local.

Durante o ARZÚA OUTLET os clientes tamén poderán atopar unha exposición de produtos OUTLET no exterior das tendas; na beirarrúa.

Ademáis o venres 20 e sábado 21 de agosto haberá animación infantil e musical a cargo de Os Biosbardos, que traeran mascotas de Disney entre outras personaxes ao Centro Comercial Aberto de Arzúa.

Así que esta fin de semana achégate ao CCA de Arzúa, merca e desfruta do teu premio seguro !!!

Porque mercar no comercio local só ten vantaxes!!

Porque mercar no pequeno comercio fainos grandes!!

LISTADO DE LOCAIS HOSTALEIROS ASOCIADOS ONDE OS CLIENTES DO ARZÚA OUTLET PODERAN CANXEAR OS SEUS VALES AGASALLO ATA O VINDEIRO 31 DE AGOSTO :
A LÚA
A QUEIXEIRA DE ARZÚA
ALBERGUE ULTREIA
BAR ESTANCO CASCÓN
BAR LUÍS
BAR MANOLO
CAFÉ A FRAGA
CAFÉ BAR KARPER
CAFÉ BAR PEDRITO
CAFÉ TEATRO
CAFETERÍA CHACALA
CAFETERÍA OS CASQUEIROS
CAFETERÍA PRAZA
CAFETERÍA VÁZQUEZ II
CAFETERÍA VÁZQUEZ DEGUSTACIÓN
CAMPING TEIRABOA BASE CAMP
CASA BRANDARIZ
CASA CARBALLEIRA
CASA CHELO
CASA TABOADA
CASA TEODORA
E. S. TEIRABOA
MESÓN OS CATRO VENTOS
O FURANCHO D´SANTISO
O RETIRO
PARRILLADA 107 CERVECERÍA
PULPERÍA PARRILLADA EUROPA
RESTAURANTE O GLOMAN

Relacionados