AECA SORTEA 5 COMPRAS GRATIS COA CAMPAÑA UN AGASALLO PARA A MAMÁ
Sorteo especial “Un agasallo para a mamá” 04/05/2022 en Radio Arzúa
BASES DE PARTICIPACIÓN:
Primeira.
Este sorteo convocado e organizado por AECA con motivo da celebración do día da nai, para a incentivación do consumo no comercio local e a fidelización de clientes, consiste no sorteo de 5 mercas gratis no Centro Comercial Aberto de Arzúa.
Serán 5 o número de clientes premiados de entre tódalas mercas rexistradas durante ésta campaña que cumpran coas presentes bases.
O sorteo terá lugar o 04/05/2022 en directo a través de Radio Arzúa.
Segunda.
Poderá participar neste sorteo calquera persoa maior de idade que rexistre unha merca, no CCA de Arzúa ou en calquera outro establecemento comercial asociado a AECA, por valor de alo menos 15€ e que sexa efectuada dende o día 8 ata o 30 de abril de 2022 (ambos días inclusive).
Para levar a cabo o rexistro das mercas estará disposta a urna da AECA no mostrador dos locais asociados, onde será depositada a copia do tícket de merca co nome e teléfono de contacto do participante.
Se sae premiado un tícket coa data fóra do prazo establecido, ou cun importe inferior a 15€ quedará invalidado no mesmo momento do sorteo e sacarase outro tícket.
Unha mesma persoa poderá rexistrar tantas mercas como desexe pero non poderá ser a gañadora de máis dun premio.
Terceira.
Os 5 clientes gañadores serán avisados telefónicamente e recibirán de premio o importe equivalente á merca gañadora efectuada, cun reembolso máximo de ata 100€. Non obstante, o desfrute do premio ven establecido da seguinte maneira por AECA: o premio deberá ser destinado ao consumo en calquera establecemento asociado; de comercio, servicios ou ben de hostalería.
Así pois, os 5 premios outorgados por AECA serán obrigatoriamente canxeados en calquera dos establecementos asociados a AECA polos premiados no prazo dun mes dende a data do sorteo (os premios caducan o 4 de xuño de 2022).
Cada gañador para reclamar o seu premio estará obrigado previamente a xustificar o gasto, presentando na sede da AECA tíckets de consumo de locais pertencentes a AECA con data posterior ao sorteo especial “UN AGASALLO PARA A MAMÁ”, por un importe igual ou superior ao valor do premio para recibir o abono que lle corresponda. O prazo para reclamar os premios rematará o 4 de xuño de 2022.
Cuarta.
Será necesaria a recollida de datos persoais para levar a cabo o sorteo, e a operativa da entrega dos premios, respetando a normativa aplicable en materia de Protección de Datos de carácter persoal. Os titulares dos datos proporcionados poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición remitindo un escrito acompañado dunha fotografía do seu DNI, dirixido ao CCA de Arzúa (AECA), con enderezo no Polígono Industrial de Arzúa, parcela 1, 1º. 15810 Arzúa ( A Coruña), coa referencia “Protección de Datos” Sorteo especial “UN AGASALLO PARA A MAMÁ”
Quinta.
Os gañadores do sorteo ceden, nos términos legais necesarios, os dereitos de imaxe das fotografías que se tomen na recepción do premio outorgado por AECA.
Sexta.
A participación neste sorteo implica a total aceptación das presentes bases depositadas na Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.
RESULTADO DO SORTEO ESPECIAL UN AGASALLO PARA A MAMÁ EFECTUADO POR AECA O 04/05/2022 EN DIRECTO A TRAVÉS DE RADIO ARZÚA: