Sign In

Noticias

Últimas Noticias
AS REBAIXAS DE VERÁN DO CCA ARZÚA REPARTIRÁN 1000 PREMIOS SEGUROS

AS REBAIXAS DE VERÁN DO CCA ARZÚA REPARTIRÁN 1000 PREMIOS SEGUROS

O CCA ARZÚA PREMIA AS MERCAS DAS REBAIXAS DE VERÁN CON 1000 PREMIOS SEGUROS!!

Arzúa, 29 de xuño de 2024.

A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza unha campaña de dinamización comercial para impulsar o consumo nas rebaixas de verán do comercio local.

Para elo, AECA premiará aos clientes que consuman nas rebaixas do Centro Comercial Aberto de Arzúa con 1000 premios seguros e directos que consistirán nun agasallo promocional.

Os clientes para poder conseguir dito obsequio deberán facer unha merca superior a 50€ nalgunha tenda participante na campaña  «Rebaixas de Verán».

Estos premios directos seranlles repartidos aos clientes polos propios comerciantes no momento da compra e ata o fin de existencias.

As tendas participantes, maioritariamente do sector moda, calzado e complementos, estarán identificadas pola cartelería da campaña e son as seguintes: Arroupadiños, Boutique Anduriña, Calzados Iglesias, Carola Moda Arzúa, Cempés, Deportes López, Estrenas Zapatería & Complementos, Euromueble Decoración, La Tienda de Marta, Lage Moda, M&D Lencería e Fogar, Mi Tata, Mía María, Miss Zapatos, Moda Sari, Novavisión Óptica, Óptica Abal, Sport Moda e Vadi Moda.

Dende AECA fan un chamamento á cidadanía, para que aposten polo comercio de proximidade durante este período de rebaixas xa que, mercar nas tendas locais é a única opción de consumo que repercurtirá na economía da comarca e axudará tanto a crear emprego como a fixar poboación.

Así mesmo, dende AECA invítase a desfrutar das rebaixas de verán dun xeito responsable, valorando a importancia do pequeno comercio, que se distingue pola súa maior especialización, profesionalidade e atención ao cliente, ofrecendo unha experiencia de compra única e personalizada que non se atopa noutros formatos comerciais. 

E recórdannos que apostar polo comercio local tamén é apostar por un mundo máis sostible. 

Relacionados