Sign In

Noticias

Últimas Noticias
Arzúa encadea dúas fins de semana de descontos: tras a Feira Neghra chega o Black Local Friday

Arzúa encadea dúas fins de semana de descontos: tras a Feira Neghra chega o Black Local Friday

BLACK LOCAL FRIDAY AECA | 27 E 28 DE NOVEMBRO

🖤 O Black Friday volve a Arzúa!

Preto de 20 comercios do Centro Comercial Aberto participan nesta edición»Black Local Friday» con descontos e promocións especiais durante o venres 27 e o sábado 28 de novembro.

Descubre as oportunidades nas túas tendas de confianza e aposta polo comercio de proximidade.

Este Black Friday, merca en Arzúa!

 

 

Arzúa encadea dúas fins de semana de descontos: tras a Feira Neghra chega o Black Local Friday

Preto de 20 comercios do Centro Comercial Aberto volverán activar promocións especiais o
venres 27 e o sábado 28 de novembro, ofrecendo novas oportunidades de compra durante toda
a fin de semana.

ARZÚA, 26 de novembro de 2026. – O comercio de Arzúa non baixa o ritmo e tras o éxito da
Feira Neghra reactiva os descontos co «Black Local Friday» da man de AECA. A Asociación de
Empresarios da Comarca de Arzúa, a través do seu Centro Comercial Aberto, celebra os días venres
27 e sábado 28 de novembro unha nova edición do BLACK LOCAL FRIDAY, unha campaña
na que preto de 20 establecementos comerciais activan descontos e promocións especiais:

 

 

Baixo a imaxe e identidade propias do «Black Local Friday», os negocios participantes ofrecen
durante estas dúas xornadas unha nova oportunidade para descubrir produtos, aproveitar ofertas e
adiantar as compras e os agasallos de Nadal sen saír da vila.

A campaña reúne establecementos comerciais de Arzúa que prepararon promocións propias para
estas datas, poñendo ao alcance da clientela unha oferta diversa e próxima. Deste xeito, o Centro
Comercial Aberto convértese nun espazo de oportunidades no que mercar tamén significa recibir
atención personalizada, asesoramento e a confianza das tendas de sempre.

Esta iniciativa dá continuidade ás accións de dinamización comercial que AECA desenvolve ao
longo do ano e chega despois da celebración da II Feira Neghra, os días 21 e 22 de novembro. Con
esta nova convocatoria, a asociación reforza a súa aposta por manter a actividade comercial na vila
e ofrecer motivos para achegarse aos establecementos locais.

Desde AECA lembran que o comercio de proximidade é unha parte fundamental da economía e da
vida social de Arzúa. Cada compra nos negocios locais contribúe a manter a actividade empresarial,
apoiar o emprego, conservar unha oferta comercial diversa e dar vida ás rúas.

Por iso, a asociación anima á veciñanza e ás persoas da comarca a participar nesta fin de semana,
visitar os comercios adheridos e consultar as promocións dispoñibles en cada establecemento.
Este venres 27 e sábado 28, as oportunidades están máis preto do que pensas. Descubre o
Black Local Friday, aproveita os descontos e aposta polo comercio de Arzúa.

BLACK LOCAL FRIDAY
27 e 28 de novembro de 2026
Arzúa, o teu Centro Comercial Aberto

 

MÁIS INFORMACIÓN:
AECA – Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa
Web: www.aecomarcadearzua.com
Instagram: @asoc_empresarios_aeca
TikTok: @cca.arzua.aeca
Teléfono: 981 815 049

Relacionados