O SORTEO «CARTA A PAPÁ NOEL» PREMIARÁ ESTE NADAL A 30 CATIVOS PARA DINAMIZAR AS MERCAS NO CCA ARZÚA
HO-HO-HO Xa está a aquí o Nadal un ano máis e AECA quere que os clientes máis cativos do seu Centro Comercial Aberto sexan os protagonistas coa súa campaña SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL
O sorteo xa está en marcha, e tódolos nosos comerciantes asociados están esperándovos para que pasedes a recoller a carta para que escribades a Papá Noel. Sí, aquí en Arzúa en calquera tenda do noso CCA
Ao mercar nalgún comercio asociado conseguiredes a postal edición Nadal 2024 para facerlle a Papá Noel as vosas peticións e ademáis poderedes participar nun sorteo de agasallos
Para participar tan só tedes que depositar unha postal da AECA no buzón da Casiña de Papá Noel situada na Praza de Galicia onde terá lugar a recepción de Papá Noel o 23 de decembro
Onde conseguir esa postal para participar ?? Pois buscade esta cartelería nos escaparates e atoparedes cales son os comercios adheridos:
Atentos ás BASES DE PARTICIPACIÓN
1ª. Tan só os menores de 12 anos poderán participar de éste sorteo presencial no cal a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa repartirá 30 estupendos agasallos. O Sorteo CARTA A PAPÁ NOEL será no interior do multiúsos o vindeiro 23 de decembro a partires das 19:40h.; ao remate da Festa de Papá Noel.
2ª. Só serán admitidas no sorteo CARTA A PAPÁ NOEL as postais modelo AECA edición 2024 conseguidas en algún local asociado e depositadas antes das 19:00h. do 23 de decembro no buzón da AECA habilitado na CASIÑA DE PAPÁ NOEL instalada na Praza de Galicia.
3ª Aqueles nen@s que cumpran coas presentes bases; cubrindo a postal correctamente co seu nome completo cos dous apelidos e a súa idade, e a depositen no citado punto de recollida contarán cunha participación neste sorteo.
4ª. Tan só se aceptará unha participación por cada nen@ (sobra decir que a Papá Noel hai que escribirlle unha soa vez …). E cada nen@ tan só poderá ser premiad@ cun único agasallo; é decir, non se aceptará un segundo premio por nen@.
5ª. Os nenos que resulten premiados deberán estar presentes no momento do sorteo para recoller o agasallo. No caso de estar algún ausente daráse por feito que renuncia ao premio, e procederáse a sacar outra postal, así ata rematar de repartir todos os agasallos entre os participantes presentes.
6ª. Cláusula informativa: A correspondente cumprimentación dos datos persoais na postal SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL implica a conformidade por parte dos pais/tutores legais do menor, no tratamento dos mesmos por parte da AECA, con fins de promocións comerciais na campaña de nadal 2024. Así mesmo, o nome e as imaxes dos menores premiados durante a Festa de Papá Noel poderán ser publicados nas redes sociais e na páxina web da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.
7ª A participación neste sorteo implica a total aceptación das bases depositadas en A.E.C.A.