Sign In

Noticias

Últimas Noticias
O SORTEO «CARTA A PAPÁ NOEL» PREMIARÁ ESTE NADAL A 30 CATIVOS PARA DINAMIZAR AS MERCAS NO CCA ARZÚA

O SORTEO «CARTA A PAPÁ NOEL» PREMIARÁ ESTE NADAL A 30 CATIVOS PARA DINAMIZAR AS MERCAS NO CCA ARZÚA

 

🎅📯 HO-HO-HO‼️ Xa está a aquí o Nadal un ano máis e AECA quere que os clientes máis cativos do seu Centro Comercial Aberto sexan os protagonistas coa súa campaña SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL‼️
🎅 O sorteo xa está en marcha, e tódolos nosos comerciantes asociados están esperándovos para que pasedes a recoller a carta para que escribades a Papá Noel. Sí, aquí en Arzúa en calquera tenda do noso CCA 📨👍
🎅 Ao mercar nalgún comercio asociado conseguiredes a postal edición Nadal 2024 para facerlle a Papá Noel as vosas peticións e ademáis poderedes participar nun sorteo de agasallos‼️
👉 Para participar tan só tedes que depositar unha postal da AECA no buzón da Casiña de Papá Noel situada na Praza de Galicia onde terá lugar a recepción de Papá Noel o 23 de decembro 🏠🎅
Onde conseguir esa postal para participar ?? Pois buscade esta cartelería nos escaparates e atoparedes cales son os comercios adheridos:
Atentos ás BASES DE PARTICIPACIÓN 👇
1ª. Tan só os menores de 12 anos poderán participar de éste sorteo presencial no cal a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa repartirá 30 estupendos agasallos. O Sorteo CARTA A PAPÁ NOEL será no interior do multiúsos o vindeiro 23 de decembro a partires das 19:40h.; ao remate da Festa de Papá Noel.
2ª. Só serán admitidas no sorteo CARTA A PAPÁ NOEL as postais modelo AECA edición 2024 conseguidas en algún local asociado e depositadas antes das 19:00h. do 23 de decembro no buzón da AECA habilitado na CASIÑA DE PAPÁ NOEL instalada na Praza de Galicia.
3ª  Aqueles nen@s que cumpran coas presentes bases; cubrindo a postal correctamente co seu nome completo cos dous apelidos e a súa idade, e a depositen no citado punto de recollida contarán cunha participación neste sorteo.
4ª. Tan só se aceptará unha participación por cada nen@ (sobra decir que a Papá Noel hai que escribirlle unha soa vez …). E cada nen@ tan só poderá ser premiad@ cun único agasallo; é decir, non se aceptará un segundo premio por nen@.
5ª. Os nenos que resulten premiados deberán estar presentes no momento do sorteo para recoller o agasallo. No caso de estar algún ausente daráse por feito que renuncia ao premio, e procederáse a sacar outra postal, así ata rematar de repartir todos os agasallos entre os participantes presentes.
6ª. Cláusula informativa: A correspondente cumprimentación dos datos persoais na postal SORTEO CARTA A PAPÁ NOEL implica a conformidade por parte dos pais/tutores legais do menor, no tratamento dos mesmos por parte da AECA, con fins de promocións comerciais na campaña de nadal 2024. Así mesmo, o nome e as imaxes dos menores premiados durante a Festa de Papá Noel poderán ser publicados nas redes sociais e na páxina web da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa.
7ª A participación neste sorteo implica a total aceptación das bases depositadas en A.E.C.A.

Relacionados