O 2 e 3 de agosto AECA celebrará en Arzúa a FEIRA DE STOCKS E ARTESANÍA con grandes oportunidades e cun variado programa de actividades
ARZÚA, 10 xullo 2025. AECA celebrará os días 2 e 3 de agosto a FEIRA DE STOCKS E ARTESANÍA, un
evento para dinamizar o comercio local e para favorecer a liquidación de existencias, ofrecendo aos
consumidores grandes oportunidades de compra a prezos moi reducidos.
A Feira foi presentada no día de onte no Multiúsos Terra do Queixo coa presencia de comerciantes
participantes do Centro Comercial Aberto de Arzúa e da Xerente de AECA.
Esta feira de oportunidades xurde como a ocasión perfecta para incentivar as mercas das tendas locais,
reunindo unha ampla variedade de establecementos nun mesmo espazo; que nesta ocasión será o
Recinto Feiral de Arzúa.
A FEIRA DE STOCKS E ARTESANÍA desenrolarase en horario contínuo de 11 h. a 21 h. durante o sábado
2 e o domingo 3 de agosto. Este evento comercial contará cunha vintena de stands locais, nos cales se
ofrecerán produtos de diferentes sectores, destacando especialmente a moda e o calzado, pero tamén
con outras atractivas propostas, como produtos locais coa marca Artesanía de Galicia ou Artesanía
Alimentaria, libros e xoguetes, agasallos personalizados, perfumes e decoración entre outras. De este
xeito, as tendas participantes da feira terán a oportunidade de obter liquidez e liberar espazo no seu
almacén de cara a vindeira tempada de outono.
Ademáis, a FEIRA DE STOCKS E ARTESANÍA, contará cun espazo de ocio permanente da man de
Biosbardos Animación, que achegará ao Multiúsos os “Xogos do Mundo” e levará a cabo obradoiros de
manualidades para facilitarlles as compras ás familias. Así mesmo, a Feira contará cunha programación
de actividades de animación que inclúe, entre outras unha sesión vermú ochentera a cargo do grupo “El
Borrón del Escribano” o sábado 2 de agosto ao mediodía, e ademáis contará co espectáculo “Hocus
Pocus”; un show de maxia cómica para tódolos públicos da man do Mago Paco. Será na tarde do
domingo 3 de agosto a partires das 19:30h.
Así mesmo, no interior do recinto do Multiúsos, a Feira contará cun posto de xeados artesáns e cun bar
que será un punto de encontro e de lecer onde se poderá facer “terraceo”.
Por outra banda, AECA levará a cabo un sorteo de vales de compra, no cal repartirá 300€ en premios
para gratificar as mercas durante a feira.
Toda a información do evento estará dispoñible en www.aecomarcadearzua.com e poderá seguirse a
través das RRSS de A.E.C.A.:
Facebook: @aeca.aeca.79
Instagram: @asoc̲empresarios̲aeca
Tik Tok: @cca.arzua.aeca
Esta actividade, organizada pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa, que conta coa
colaboración do Concello de Arzúa, é cofinanciada pola Xunta de Galicia para a dinamización do Centro
Comercial Aberto de Arzúa.