Sign In

Noticias

Últimas Noticias
IRIS COMUNICA E A.E.C.A. ASINAN UN CONVENIO BENEFICIOSO PARA OS SEUS ASOCIADOS

IRIS COMUNICA E A.E.C.A. ASINAN UN CONVENIO BENEFICIOSO PARA OS SEUS ASOCIADOS

Arzúa, 15 de setembro de 2025. A axencia Iris Comunica e a Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa asinan un convenio beneficioso para asociadas e asociados.

Iris Comunica adícase ao márketing, publicidade, creación de contidos e xestión das redes sociais e, grazas a este acordo, ofrecerán un desconto do 20% nas tarifas de todos os seus servizos aos negocios asociados á entidade empresarial arzuá.

Dentro dos servizos que ofrece Iris Comunica están: buscar unha estratexia dixital adecuada para cada negocio, deseño gráfico, creación de contidos específicos para redes sociais (Instagram, TikTok, Facebook, X…), programación do contido, gravación de vídeos, edición de material, desenvolvemento web, fotografía, publicidade en prensa, gabinete de comunicación, organización de eventos e posta en marcha de proxectos 360º.

“Nun momento no que as redes sociais son un gran escaparate para o comercio local este tipo de convenios permitiralle aos nosos socios e socias contar cun servizo profesional a menor custe”, indica a xerente de AECA, Cristina Carril.

“Pola nosa parte gustaríanos traballar man a man coas empresas da localidade para axudalos a medrar no eido do márketing, a publicidade e as redes sociais, así como destacar que personalizamos e adaptamos a todo tipo de empresas. Para iso, contamos cun amplo equipo de profesionais no sector, especializado no comercio de proximidade”, fai fincapé a CEO de Iris Comunica, Beatriz Irigoyen.

 

Imaxe do momento da sinatura do convenio cos representantes de ambas entidades: Diego Valiño; Presidente de AECA e Beatriz Irigoyen, CEO de Iris Comunica.

Relacionados