Sign In

Noticias

Últimas Noticias
AECA ADIANTA O BLACK FRIDAY COA SÚA «FEIRA NEGHRA» DE DESCONTOS E PREMIOS NO COMERCIO ARZUÁN

AECA ADIANTA O BLACK FRIDAY COA SÚA «FEIRA NEGHRA» DE DESCONTOS E PREMIOS NO COMERCIO ARZUÁN

AECA adianta o Black Friday coa súa “Feira Neghra” de descontos e premios no comercio arzuán

 

Máis de 15 establecementos do CCA (Centro Comercial Aberto de Árzua) participarán nesta campaña especial, que se celebrará coincidindo coa Feira quincenal e co Festival Zona da Zanfona.

Arzúa, novembro de 2025.
AECA pon en marcha a “Feira Neghra”, unha campaña especial de Black Friday anticipado que encherá de descontos e premios o comercio local o 22 de novembro. A iniciativa, na que participarán máis de 15 establecementos da vila, nace co obxectivo de incentivar as compras no pequeno comercio e ofrecer unha alternativa de proximidade ao consumo masivo das grandes superficies.

Este ano, a “Feira Neghra” celebrarase coincidindo coa feira quincenal de Arzúa, aproveitando o movemento de xente e o ambiente de rúa que xera este encontro comercial tradicional. Ademais, a xornada enmarcarase tamén no Festival Zona da Zanfona, que achegará música e cultura ao centro da vila, reforzando a idea de Arzúa como espazo vivo, dinámico e aberto á participación veciñal e visitante.

Ao longo do día, as persoas que merquen nos negocios adheridos á campaña poderán achegar os seus tickets de compra á praza e xogar á “Ruleta de AECA”, unha acción lúdica coa que se repartirán ata 500 premios directos entre a clientela.

“Queremos que a xente saiba que en Arzúa tamén se pode vivir un Black Friday diferente: cun trato próximo, coidando o tecido económico local e convertendo as compras nunha experiencia divertida, nun día no que o comercio, a feira e a cultura van da man”, sinalan desde AECA.

A Feira Neghra combinará descontos, promocións especiais e premios co ambiente da Feira quincenal e co programa do Festival Zona da Zanfona, convertendo o 22 de novembro nun día completo de compras, encontro social e cultura. A campaña busca, ademais, adiantarse ao Black Friday tradicional, concentrando o consumo na propia vila e evitando que a clientela teña que desprazarse a outras cidades ou centros comerciais.

Os establecementos participantes abranguen diferentes tipos de negocio, o que permite que as familias poidan atopar nun só día agasallos, moda, servizos, bricolaxe e pequenos electrodomesticos, sempre coa garantía e proximidade do comercio de Arzúa.

Desde AECA subliñan que este tipo de accións “axudan a visibilizar o esforzo dos pequenos negocios, que sosteñen emprego, dan vida ás rúas e manteñen acesa a economía local durante todo o ano, non só en datas sinaladas”.

AECA Arzúa anima a toda a veciñanza e visitantes a anotar na axenda o 22 de novembro, achegarse á feira quincenal, gozar do Festival Zona da Zanfona e gardar os seus tickets de compra nos establecementos adheridos para poder participar na ruleta e optar a varios dos 500 premios dispoñibles.

 

Feira Neghra en Arzúa:
● Data: 22 de novembro
● Lugar: Nas tendas participantes. Ruleta de premios instalada na casita de AECA situada na Praza de Arzúa en horario de 11h. a 14 h. e de 17h. a 20h.
● Organiza: AECA – Centro Comercial Aberto de Arzúa
● Cofinancia: Xunta de Galicia
● Coincide coa Feira quincenal de Arzúa e a celebración do Festival Zona da Zanfona 2025
● Participan 15 establecementos do comercio local asociado
● Premios: 500 premios promocionais directos na “Ruleta de AECA”

 

PROMOCIÓNS ESPECIAIS «FEIRA NEGHRA» nos establecementos participantes:

Arroupadiños:
Descontos de ata o 40 % nas prendas seleccionadas.
Horario: De 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Boutique Anduriña:
20 % dto. na colección e zona outlet con descontos do 40 %, 50 % e 60 %.
Horario: De 10:30 a 14:00.
Carola Moda:
Prezos especiais en prendas seleccionadas e sorteo dun vale de 30 €.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Comercial Alfonso Souto:
15 % de dto. en máquinas eléctricas de bricolaxe e pequeno electrodoméstico.
Horario: De 10:00 a 13:30.
Deportes López:
20 % de desconto en toda a colección.
Horario: Horario continuo: de 10:00 a 20:30.
Estación De Servizo J.R. Valiño:
Prezos especiais en carburantes dende as 11:00 ata as 23:00.
Horario: De 7:00 a 23:00.
Estrenas Zapatería:
20 % de dto. en toda a colección, agás zapatillas da casa cun 10 %. Descontos de ata o 50 % en
artigos seleccionados.
Horario: De 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30.
Lage Moda:
20 % de dto. en toda a colección.
Horario: De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30.
Librería Os Picariños:
20 % de dto. en mochilas e estoxos, 15 % dto. no material escolar seleccionado e ata 50 % de dto.
en artigos seleccionados.
Horario: De 10:00 a 13:00.
MD Lencería E Fogar:
15 % de dto. nunha selección de produtos en promoción das seguintes marcas: Janira, Avet,
Massana, Belty, Selmark, Freya, Elomi, Wacoal, Fantasie, Anita, Rosa Faia e Felina.
Mi Tata:
20 % de dto. na colección.
Horario: De 10:30 a 13:30.
Mia María:
15 % de dto. en toda a colección.
Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00.
Miss Zapatos:
20 %, 40 % e 50 % de dtos., agás zapatillas de casa e as marcas Chiruca e Fluchos TEX (10 % de
dto.).
Horario: De 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30.
Moda Ana (Tenda das de Burres):
10 % de dto. na colección, agás en paquetería, fogar e nas prendas seleccionadas.
Horario: De 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Moda Sari:
20 % de dto. en toda a colección. Zona outlet con descontos de ata o 60 %.
Horario: De 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00.
Novavisión Óptica:
20 % de dto. en sol, 50 % nas monturas seleccionadas, 2×1 en lentes e 30 % de dto. en audífonos.
Horario: De 10:00 a 13:30.

 

BASES DE REGULAMENTO DO XOGO «RULETA DE PREMIOS AECA – CAMPAÑA FEIRA NEGHRA 2025»

1ª. A actividade terá lugar o 22 de novembro de 2025 na Casita de AECA instalada na Praza de Galicia en Arzúa, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.

2ª. Na actividade poderán participar persoas de todas as idades.

3ª. Para participar será necesario mercar nalgún dos establecementos comerciais asociados participantes na FEIRA NEGHRA e únicamente o día 22 de novembro de 2025, no horario de apertura fixado por cada comerciante.

4ª. O cliente deberá achegar o tícket de compra á organización de AECA na Praza Galicia durante o horario establecido na base primeira, e unha vez xogado este será marcado co selo de AECA .

5ª. O importe mínimo de compra para participar do xogo da ruleta é de 15€. E por cada 30€ de gasto presentado nun mesmo tícket poderá facerse unha tirada, cun límite de ata tres tiradas na ruleta por unha mesma compra; independentemente do importe total do tícket presentado.

6ª. Segundo o azar determine repartiranse agasallos promocionais ata fin de existencias, contando cun total de 500 unidades a repartir só no horario indicado na base primeira.

7ª. En caso de ter AECA xa esgotado o produto que toque en sorte no momento do xogo, farase entrega doutro agasallo que a organización estime oportuno de entre os restantes produtos promocionais dispoñibles nese momento.

 

 

Relacionados